Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
15/07/2014
Ante a problemática que podería xerar a implantación de cita previa para realizar xestións ante Tráfico, o decano mantivo unha reunión co responsable do devandito organismo, D. David Llorente Rei ao obxecto de fixar os criterios de actuación dos Economistas, en tanto non se implante o Rexistro Electrónico de Colaboradores Habituais.
Resultante da devandita reunión, para efectuar tramitacións ante a Unidade de Tráfico de Ourense pódese optar por un dos dous criterios seguintes:
1) A presentación de cartafoles no portelo de información -planta baixa da Xefatura de Tráfico de Ourense-.
2) Optar por atención presencial con representación, cuxo sistema será o de cita previa e deberá solicitarse en www.dgt.es ou no teléfono 060.
A actuación do Colexio ha ido na procura de facilitar aos colexiados a presentación de documentos ante este organismo asi como un nicho de mercado que pode resultar interesante para o desenvolvemento da profesión.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org