Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

CELEBRACIÓN DA III XORNADA "LEI CONCURSAL"

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

09/05/2014

Nova: CELEBRACIÓN DA III XORNADA "LEI CONCURSAL"

Os Ilustres Colexios de Economistas e Avogados de Ourense organizaron o pasado xoves  8 de maio, en colaboración coa Cámara de Comercio e Industa de Ourense, a III Xornada "LEI CONCURSAL" ao obxecto de profundar nesta materia. O evento contou co patrocinio do Banco Sabadell-Galego.

Asistiron como relatores Dª Mª Eva Martínez Galego, Maxistrada do Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Ourense; D. Alberto Velasco Herdeiro, Secretario Técnico do Rexistro de Economistas Forenses do Consello Xeral de Economissata de España, D. Francisco Javier Cabarcos Dopico, Avogado e D. Fernando Alañón Olmedo, Presidente da Audiencia Provincial de Ourense. 

Ás sesións que resultaron de gran interese, acudiron medio centenar de profesionais avogados e economistas, todos eles  vinculados coa administración concursal. Como en anteriores edicións os relatorios centráronse naqueles aspectos da Lei Concursal máis actuais e novos.

Este tipo de actividades reforza e incentiva a formación e a mellora continua dos profesionais de ambas as corporacións.

 

 

 

  

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade