Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
29/11/2013
Na mañá de onte xoves 28 de novembro, tivo lugar o Acto de entrega dos premios correspondentes ao I PREMIO DE INVESTIGACIÓN organizado conxuntamente polo Colexio de Economistas de Ourense e a Facultade de CC.EE. e Turismo da nosa cidade.
Asistiron ao acto como representantes das entidades implicadas no galardón, Guillero Díez, decano do Colexio de Economistas de Ourense; Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; Alberto Vaqueiro, director da área de Descentralización do campus de Ourense e Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial, e Guillermo Díez.
O tres traballos premiados foron "Análises da evolución da solvencia das empresas a través do Estado de Fluxo Efectivo. Caso particular da automoción en Galicia" ao que correspondeu o Primeiro Premio e cuxa autora Mercedes Seoane manifestou que, "este estado é máis efectivo que os métodos tradicionais de balance, perdas e ganancias, porque permite ver se realmente na empresa hai efectivo, se está a entrar dineiro e hai liquidez, que tal e como está a situación económica é o realmente importante”, e dous accésit "Estudo de casos de capital intelectual en empresas galegas" de Gabriel Alonso Martínez e "Avaliación dá imaxe de destinos en Galicia a través de Internet" presentado por Leticia Fernández Rivero.
Os seus autores recolleron os premios nun acto precedido por unha conferencia titulada "Novos modelos bancarios" impartida por José Luís Abelleira, director xeral de EVO Banco, na que explicou a reestruturación bancaria levada a cabo e aínda en fase de cambios no noso país e a traxectoria da nova entidade que preside.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org