Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
10/07/2013
O Colexio de Economistas de Ourense e a Universidade de Vigo presentaron, o luns 8 de xullo, un acordo de colaboración co obxectivo de ampliar a oferta formativa dos alumnos e promover o desenvolvemento científico e tecnolóxico.
O Decano do Colexio de Economistas, D. Guillermo Díez Igrexas, destacou especialmente a necesidade de mostrarlle aos alumnos do Grao en Administración e Dirección de Empresas, a realidade económica que se atoparán ao termo dos seus estudos.
O Colexio de Economistas de Ourense facilitará aos estudantes o acceso a prácticas en empresas e despachos profesionais así como a incorporación ao mercado laboral dalgúns egresados universitarios.
O Convenio ten unha vixencia de catro anos prorrogables e entre outras achegas, cabe destacar o xa clásico "Reconocimento ao Mellor Expediente Académico do Grao en ADE", consideración que desde hai anos ten lugar no Acto de Gradación da titulación e que tivo unha gran acollida entre os alumnos que se graduan cada curso académico.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org