Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

CONVENIO CO BANCO SABADELL

Fonte: Colexio de Economistas de Lugo

02/07/2013

Nova: CONVENIO CO BANCO SABADELL

O Ilustre Colexio de Economistas de Lugo asinou o pasado día 1 de xullo un convenio con Banco Sabadell en virtude do cal pon a disposición de todos os colexiados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións vantaxosas, adaptados á súa economía persoal e profesional, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados. 

 

O acordo foi asinado polo decano do Colexio, Salustiano Velo e por Alfredo Fernández, director Comercial do territorial Noroeste de Banco Sabadell. No acto da firma acompañáronlles Jesús Varela, director de zona de Galicia Norte e Raúl Martínez, director da oficina principal de Lugo.

 

O obxectivo deste convenio é contribuír ao desenvolvemento profesional e persoal dos colexiados facilitando o acceso aos recursos necesarios para emprender e desenvolver os seus proxectos, dando resposta a calquera tipo de necesidade financeira.

 

O convenio faise extensivo, ademais, os familiares e empregados dos colexiados, que poderán beneficiarse tamén das condicións vantaxosas do convenio e poderán contar con produtos de aforro e financiamento á súa medida.

 

Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiamento e de servizos. Algúns exemplos a destacar:

 

Conta Expansión- Pro, conta para a domiciliación da nómina ou ingresos periódicos (mínimo 700 euros mensuais), sen comisións, sen gastos, sen contrato de permanencia e que ademais lle abona o 10 % da cota colexial nela domiciliada:

 

Sen comisión de administración.

Sen comisión de mantemento

Cero comisións para transferencias nacionais (até 50.000 €)

Cero comisións por ingreso de cheques en euros (domiciliados en entidades de crédito españolas)

Tarxetas gratis: tanto a de crédito, como a de débito, e a Repsol máxima.

Reintegros gratis en Caixeiros da rede Servired para disposicións iguais ou superiores a 60 €

Devolución do 3% dos recibos domiciliados (luz, gas, teléfono, móbil, Internet), máximo 20 euros ao mes.

Devolución do 2% en carburantes coa tarxeta Repsol Máxima.

Abono do 10% da cota colexial (máximo 100 € ao ano).

E entre 18 e 25 anos, non se requirirá domiciliación de nómina ou ingresos e poderase acceder a estas vantaxes.

 

Conta Expansión Negocios- Pro, conta enfocada a aqueles colexiados que desenvolven a súa profesión por conta propia (despachos, traballadores autónomos, pequenas empresas...) que concentra nunha só oferta todas as vantaxes, e que ademais lle abona o 10 % da cota colexial nela domiciliada:

 

Sen comisión de administración.

Sen comisión de mantemento

Transferencias nacionais en euros vía Bs Online gratuítas.

Ingreso de cheques (domiciliados en entidades de crédito españolas) gratuítos.

Bs Online e Bs Móbil gratuítos

Cartóns de débito e crédito gratuítas.

Póliza de Crédito en condicións preferentes.

Abono do 10% da cota colexial nela domiciliada (máximo 100 € ao ano).

 

Póliza de Crédito Profesional, unha póliza de crédito que permitirá aos colexiados manter a economía persoal equilibrada todo o ano, nunhas excepcionais condicións. Pagando intereses só pola cantidade utilizada en cada momento e durante o tempo disposto, con renovación automática cada ano sen ter que facer ningún trámite:

 

Sen comisión de estudo.

Sen comisión de non disposición.

Se comisión por cancelación anticipada

Comisión de apertura e revisión anual 0,50% mínimo 90€.

 

Crédito Curso / Crédito Master, con estas liñas de préstamo os colexiados e os seus familiares de primeiro grao poderán optar a financiar os seus gastos de formación (de idiomas, de especialización, de seminarios, máster/posgrao). Poderán facelo pola totalidade ou parte dos estudos, con posibilidade de retorno do capital unha vez finalizados. Cun tipo de interese preferente e comisións reducidas

 

Préstamo Inicio, un préstamo a medio prazo, en condicións exclusivas, que ofrece financiamento a medida para aqueles colexiados que inicien a súa actividade profesional:

 

A devolver en 5 anos.

Opción de 12 meses de carencia.

Comisións reducidas

Até o 100% do investimento

 

Para ampliar información sobre o convenio poden dirixirse á oficina principal de Banco Sabadell de Lugo en Cálea Bispo Aguirre, nº 4 ou a calquera oficina de Banco Sababell.

Enlace ó convenio na web de Banco Sabadell

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade