Fonte: Colexio de Economistas de Pontevedra
01/07/2013
O pasado venres 28 de xuño, véspera do día de San Pablo, Patrón dos Economistas, celebrouse no Balneario de Mondariz a tradicional cea-baile de confraternidade. Aplicando a filosofía do Just in Time todos os asistentes chegaron con anglosaxoa puntualidade.
Primeiramente gozouse dun aperitivo nos xardíns baixo a luz crepuscular arroupados cun cálido aire estival para a continuación pasar baixo a cúpula de madeira do salón Infanta Isabel. Como aos artúricos cabaleiros esperaban mesas redondas, e aínda que non había ningún Santo Graal non faltaban as copas sobre elas.
Ao final da cea e tras unhas breves palabras do alcalde de Mondariz e do noso Decano, realizouse o esperado sorteo dos agasallos cedidos amable e xenerosamente por diversas entidades colaboradoras.
Como broche de ouro da velada tivo lugar un animado baile. Os máis marchosos ao ouvir a música saltaron á pista inmediatamente. Os menos marchosos foron contaxiándose aos poucos.
Foi unha noite fantástica.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org