Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

SEMINARIO: "SOCIAL MEDIA para economistas. Como xestionar a túa marca persoal nunha nova realidade"

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

25/03/2013

Nova: SEMINARIO: "SOCIAL MEDIA para economistas. Como xestionar a túa marca persoal nunha nova realidade"

Na nova contorna competitiva, a creación e xestión de comunidades en Internet converteuse nunha disciplina vital. A nova xeración M ou xeración Multimedia relaciónase coa súa contorna persoal, profesional e empresarial a través destas comunidades (sexan redes sociais, blogues ou outro tipo de foros), que atesouran millóns de usuarios. Os novos consumidores están a modificar a maneira de comunicarse e relacionarse das empresas coa súa contorna: todo é máis directo, sen intermediarios e sobre todo bidireccional. A empresa ten que aprender a comunicarse de ti a ti cos seus clientes e, ademais, saber que din dela nestas comunidades.

É por iso que o Colexio de economistas de Ourense previu organizar o Seminario "SOCIAL MEDIA para economsitas. Como xestionar a túa marca persoal nunha nova realidade".

DATA: 11 de abril de 2013

DURACIÓN: 3 horas. De 16:30 a 19:30

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Asociación Provincial de Empresarios da Construción (ACO)

                                          Rúa Padilla, 1,3. 32005 Ourense

 

OBXECTIVOS: Coñecer os fundamentos básicos para xestionar a nosa presenza nas Redes Sociais. Como conseguir situarnos profesionalmente descubrindo e fortalecendo a nosa marca persoal.

Máis información nos apartado documentos. 

 

 

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade