Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

NOVO BOLETÍN "ENTRE NÓS" marzo 2013

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

15/03/2013

Nova: NOVO BOLETÍN "ENTRE NÓS" marzo 2013

Iniciamos un novo ano no que se continúan aplicando medidas fiscais que requiren novos esforzos para os contribuíntes. No artigo dedicado ao ámbito fiscal, analízanse as dúas últimas normas aprobadas para conseguir o obxectivo de redución do déficit público: a Lei 16/2012, de 27 de decembro, pola que se adoptan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica, e a Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013. Estas normas constitúen a folla de ruta fiscal para o exercicio 2013.

O comentario laboral deste boletín refírese ás novas medidas de loita contra a fraude no emprego e á Seguridade Social, coas que se persegue que aflore o emprego irregular, controlar a fraude nas prestacións por desemprego e combater os supostos de aplicación indebida de bonificacións e reducións. Para iso utilizáronse dúas normas; a Lei 13/2012, de 28 de decembro, e a Lei Orgánica 7/2012, de 27 de decembro, de reforma do Código Penal.

Polo que se refire ao ámbito mercantil, coméntanse as cuestións máis novas en materia de sociedades de capital. A Lei 1/2012, de 22 de xuño, de simplificación das obrigacións de información e documentación de fusións e escisións de sociedades de capital, continúa o camiño iniciado pola Lei de Sociedades de Capital, actualizando e modernizando o réxime das sociedades, en particular no que se refire á utilización das novas tecnoloxías. Incídese na utilización das páxinas web das sociedades, así como no uso de comunicacións electrónicas entre o socio e a sociedade; todo iso dirixido á progresiva implantación dunha administración electrónica das sociedades de capital.

Finalmente, no comentario contable, recóllense as novidades ao redor da actualización de balances, a súa aplicación contable e repercusións fiscais. Establécese a posibilidade para os contribuíntes do Imposto sobre Sociedades de acollerse á actualización de balances regulada na Lei, co fin de corrixir o efecto monetario da inflación, satisfacendo un gravame únivo do 5% sobre o saldo acredor da conta de revalorización.

 Podes descargar o Boletín "ENTRE NÓS" na zona esquerda desta páxina web. 

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade