Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
08/02/2013
Na mañá de onte xoves 7 de febreiro, unha comisión de membros da Xunta de Goberno do Colexio de economistas de Ourense, encabezada polo decano, D. Guillermo Díez Igrexas, visitou a D. José Ángel Vázquez Barqueiro, actual Concelleiro de Economía, Facenda e Emprego, no Centro de Inciativas Empresariais da cidade de Ourense.
Guillermo Díez expresou o seu desexo de que a Concellaría considere e de notoriedade ao colectivo de economistas naquelas actividades onde sexa adecuada a representación e opinión desta Institución.
Pola súa banda Vázquez Barqueiro, señáló que actualmente o Concello ten un problema de interlocución coa empresa ourensá e como Institución expresou o seu interese de que o Colexio poida ser a canle adecuada para a relación co mundo empresarial da nosa provincia.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org