Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
25/01/2013
O Decano do Colexio de Economistas de Ourense visitou na tarde do xoves 24 de xaneiro á Decana da Facultade de CC.EE. e Turismo da nosa cidade.
A reunión, ademais de trancurrir nun ambiente cálido e cordial resultou ser moi frutífera para ambas as entidades. Ademais de acordar o manter unha relación de continuidade entre ambos os entes, tratáronse diferentes proxectos para desenvolver nos meses vindeiros.
Como vén sendo habitual, manterase a celebración de dous actos que teñen lugar todos os anos. Trátase das Xornadas "Os estudos de Administración e Dirección de Empresas:Unha titulación con moitas opcións" nas que profesionais economistas orientan aos alumnos nas diferentes saídas laborais da titulación, e o recoñecemento ao "Mellor Expediente Académico do Ano" levado a cabo no Acto de Gradación dos alumnos que finalizan os seus estudos e que cada ano organiza dita Facultade.
Ademais, xurdiron novas iniciativas de traballo en común entre as que destaca a "Olimpíada de Economía" que este ano terá a súa sede na Facultade de CC.EE. e Turismo da nosa cidade e que durante toda unha xornada acollerá a alumnos de toda a Autonomía Galega que se presenten ao concurso. A Decana Dª Elisa Alén González manifestou o seu desexo de que o Colexio colabore activamente na organización deste evento xunto coa Asociación de Profesores de Economía.
Así mesmo, xorde unha nova actividade en común que levará por título "VOLVE E CONTA" baseada nun Ciclo de relatorios que serán impartidas por asociados ao Colexio de Economistas e que á súa vez son antigos alumnos da Facultade de Ourense ao obxecto de que conten a súa experiencia laboral aos alumnos/as que actualmente seguen estes estudos.
Doutra banda, acordouse a comunicación a todos os nosos asociados da posibilidade de albergar nos seus despachos e empresas ás que asesoran, a alumnos que finalizan os seus estudos para que desenvolvan as súas Prácticas en Empresas así como a posibilidade de levar a cabo pequenos proxectos de interese para a empresa tutorizados simultaneamente por un responsable da empresa e un responsable da Facultade.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org