Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
28/01/2013
Reunión distendida e nun ambiente cálido a celebrada o pasado venres 28 de xaneiro na sede da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, entre o Presidente da devandita entidade e o Decano do Colexio de Economistas desta cidade.
Guillermo Díez Igrexas, decano do Colexio de Economistas de Ourense, expuxo a posibilidade de ofertar a formación impartida por ambas as entidades a todos os seus asociados, persoas físicas e xurídicas, en igualdade de condicións que as que gozan os pertencentes á entidade organizadora.
Doutra banda expuxo a posibilidade de que o Colexio estivese representado no Pleno da Cámara por consideralo de moito interese para ambos os colectivos.
Así mesmo expuxo que moitos Colexios de Economistas de España manteñen relacións fluídas e frutíferas coas Cámaras das súas provincias do que se desprende a posibilidade de xestionar conxuntamente a Arbitraxe na nosa. Neste sentido o Decano comprometeuse a presentar nun futuro unha lista de árbitros economistas para o desenvolvemento desta actividade no seu ámbito provincial.
O Presidente da Cámara de Ourense, D. Celso M. Barbosa Rodríguez mostrou o seu acordo con todos os temas tratados, indicando que é importante que ambas as entidades nomeen uns responsables que se encarguen de colaborar, traballar e xestionar as actividades que han de porse en común.
Conclúe a reunión tras o acordo de recoller os puntos tratados nun documento formal.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org