Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
14/01/2013
O xoves 10 de xaneiro do presente produciuse a substitución no decanato do Ilustre Colexio de Economistas de Ourense ata agora dirixido polo Ilmo. Sr. D. Anxo Pascual Rubín, Decano deste colexio profesional desde a súa constitución no ano 2004.
O novo Decano D. Guillermo Dez Igrexas, asume a presidencia dos economistas ourensáns tras colaborar co seu predecesor nos equipos de goberno cos que o Sr. Pascual Rubín dirixiu os designios do Colexio de Economistas de Ourense desde a súa constitución.
Entre os obxectivos que se marcan D. Guillermo Díez e a súa Xunta de Goberno destaca a unificación do Colexio de Economistas de Ourense co Colexio de Titulares Mercantís de Ourense para dar cumprimento á lei 30/2011 pola que se aprobaron as bases para a unificación de ambos os colectivos profesionais. O Ilustre Colexio de Economistas de Ourense ten ademais, entre outros, os seguintes fins:
- representar os intereses xerais da profesión de Economista ante terceiros,
- ordenar e regular o exercicio desta profesión e fomentar o seu desenvolvemento,
- promover e desenvolver a formación profesional dos seus colexiados,
- colaborar coas administracións públicas na xestión das listas da Quenda de
Actuación Profesional e,
- perseguir o intrusismo.
O Ilustre Colexio de Economistas de Ourense está integrado na actualidade por 260 profesionais dos cales 122 exercen a actividade por conta propia, e 107 desenvolven a súa actividade profesional por conta allea, atopándose o resto de colexiados en situaciuón de non ejercientes.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org