Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
24/07/2012
O IVE xeral aumentará en 3 puntos o próximo día 1 de setembro de 2012, pasando do 18% actual ata un 21%, mentres que o IVE reducido, pasará a ser do 10%. Unicamente sálvase o IVE superreducido, para os artigos de primeira necesidade, que se manterá ao 4%.
Xunto co aumento dos tipos de IVE, o Goberno expuxo tamén un cambio na catalogación dalgúns produtos, que pasarán de contar co IVE reducido ao IVE xeral. É o caso, por exemplo, de:
•Entradas a teatros, cinemas de todo tipo, circos, concertos e demais espectáculos.
•Servizos de barbaría.
•Servizos de funeraria.
•Produtos de cosmética.
•Unha ampla variedade de produtos de hixiene persoal.
•Hostalaría, discotecas e salas de festa, nos extras que ofrezan á súa clientela.
Na zona privada desta Web atoparás documento que recolle os "Novos Tipos impositivos no IVE"
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org