Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

PLAN XERAL CONTABLE EN INGLÉS

Fonte: Colexio de Economistas de Ourense

22/06/2012

Nova: PLAN XERAL CONTABLE EN INGLÉS

 

Nunha contorna económica no que cada vez é máis habitual que as empresas españolas leven a cabo operacións intracomunitarias ou con terceiros países, e no que son numerosos os grupos de sociedades radicadas en distintos países, dispor de textos normativos españois traducidos ao inglés, idioma utilizado de forma maioritaria no mundo das finanzas, os negocios e a armonización contable, constitúe sen dúbida unha gran vantaxe.

Neste sentido, o ICAC acaba de publicar o PGC en inglés. Esta versión traducida do PGC, ten como obxectivo divulgar as normas contables españolas entre as empresas e os usuarios de información financeira situados no exterior do noso país pero que, no entanto, xeran ou poden xerar unha importante actividade económica en beneficio do mesmo. Á súa vez trata de ser de utilidade para todos os que en España exercen a súa actividade tanto no ámbito da Universidade, da auditoría de contas ou outros ligados á materia contable.

Poderás atopar o documento en Biblioteca accedendo coas túas claves.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade