Fonte: Colexio de Economistas de Ourense
19/06/2012
A partir do día 13 de xuño de 2012, a Sede Electrónica da Axencia Tributaria mostra, a través do servizo denominado "As miñas ALERTAS" catro novos tipos de incidencias censales relacionadas con incompatibilidades entre o tipo de estimación do IRPF e réximes de IVE.
En concreto os seguintes supostos:
- En estimación directa e obxectiva do IRPF de forma simultánea.
- En estimación directa do IRPF e en réxime especial simplificado do IVE.
- En estimación obxectiva do IRPF e réxime xeral do IVE.
- En estimación directa do IRPF e en REAGP do IVE. O sistema mostra unha breve descrición da incidencia e como se pode resolver.
Ademais proporciónase o vínculo á presentación telemática do 036/037 para que se poida realizar a corrección mediante a presentación dese modelo censal.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org