
Fonte: Consello Galego de Economistas
22/12/2025
22 de decembro de 2025
A Decana Presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra, Lucy Amigo Dobaño, foi elixida presidenta do Consello Galego de Economistas, sucedendo no cargo a Miguel Vázquez Taín, Decano da Coruña e recentemente nomeado presidente do Consello Xeral de Economistas de España.
Cunha traxectoria destacada tanto no ámbito académico como no colexial, Lucy Amigo asume esta nova responsabilidade co compromiso de reforzar o papel dos economistas galegos, promover a colaboración institucional e contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia. Nas súas primeiras declaracións, expresou a súa vontade de diálogo, vocación de servizo e a importancia do coñecemento económico na toma de decisións públicas e privadas.
Xunto a ela, a vicepresidencia da nova Xunta Directiva do Consello estará composta por Carmen Sampayo (Ourense) como vicepresidenta primeira, Salustiano Veo (Lugo) como vicepresidente segundo, e José Canalejas (A Coruña) como vicepresidente terceiro.
O Consello Galego de Economistas representa a máis de 5.000 profesionais en Galicia e actúa como referente técnico nun contexto marcado pola dixitalización, os cambios normativos, os retos de sustentabilidade e a evolución do tecido empresarial.
Desde o Consello Galego de Economistas, celebramos este nomeamento como un recoñecemento á traxectoria e compromiso de nosa Presidente, e desexámoslle o maior dos éxitos nesta nova etapa institucional.
Ligazóns a medios:
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org