Fonte: Consello Galego de Economistas
13/11/2024
O Consello Galego de Economistas, en colaboración co Banco Sabadell, organiza unha sesión informativa online sobre o Plan de Pensións de Emprego Simplificado para Autónomos, posto en marcha o ano pasado entre o Consello Xeral de Economistas e o Banco Sabadell. Este plan ofrece unha excelente oportunidade para construír un fondo de aforro destinado ao futuro.
O plan pode ser contratado por traballadores por conta propia de calquera sector de actividade, independentemente da súa tipoloxía, teñan ou non empregados ao seu cargo.
Ademais, non é necesario ser Economista, polo que a sesión vai dirixida a todos os colexiados que exerzan unha actividade por conta propia ou coñezan a alguén que a realice.
Relatores:
Rosa María Moya Martínez. Directora de Previsión Empresarial en Banco Sabadell
Jorge Bentué Arantegui. Director de Investimentos de Clientes en BancSabadell Pensións
Data: martes, 26 de novembro de 2024
Hora: 9:30 horas (duración aproximada dunha hora)
Formato online: videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Con antelación enviaranse as instrucións e a ligazón de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).
Matricula:
Para asistir, é necesario inscribirse a través desta ligazón de inscrición. Non perdas a oportunidade de coñecer todos os detalles sobre este instrumento de aforro pensado para os autónomos.
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org