Lugar de celebración: A Coruña, Sede del Colegio de Economistas | |||
Preinscripción: 20/12/2012-16/01/2013 |
Matrícula: 09/01/2013-16/01/2013 |
Celebración: 17/01/2013-14/02/2013 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidad. |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
O obxectivo deste curso é dotar aos alumnos/as de coñecementos contables coa finalidade de ser capaces de levar a contabilidade dunha empresa.
Destinatarios
A finalidade principal é conseguir que unha persoa aínda sen posuír coñecementos contables sexa capaz de adquirir a destreza necesaria para poder levar a contabilidade dunha empresa. Por tanto, este curso diríxese a:
- Persoas que dispoñen de moi pouco tempo, e non lles interesan cursos de longa duración.
- Persoas activas que nos lles motivan os cursos teóricos.
- Persoas que necesitan solucións prácticas e inmediatas.
E en xeral a:
- Pequenos e medianos empresarios.
- Administrativos contables.
- Administrativos e comerciais.
- Avogados.
Graduados sociais.
- Xestores administrativos.
- Economistas sen experiencia.
- Mozos en busca de emprego.
Programa
1ª PARTE. CONTABILIDADE (O PGC)
SESIÓN 1. A Contabilidade. Introdución ao Balance.
SESIÓN 2. O PGC. Activo Inmobilizado Material. Normas de Valoración.
SESIÓN 3. Activo Inmobilizado Intangible e Financeiro. Contas Financeiras. Normas de Valoración.
SESIÓN 4. Activo Circulante. Debedores e Existencias. Normas de Valoración.
SESIÓN 5. Patrimonio Neto e Pasivo Fixo e Circulante. Normas de Valoración.
SESIÓN 6. Contas pendentes. Elaboración dun Balance.
SESIÓN 7. A técnica de rexistro diario das operacións (o método da partida dobre). Contas e subcuentas.
SESIÓN 8. Introdución á Conta de Perdas e Ganancias. Compras e Gastos. Normas de Valoración.
SESIÓN 9. Vendas e Ingresos. Normas de Valoración. Elaboración da Conta de Perdas e Ganancias.
SESIÓN 10. Gastos e Ingresos imputados ao Patrimonio Neto (grupos 8 e 9 do PGC). Libros contables obrigatorios. Normas de Valoración.
2ª PARTE. PRÁCTICA INFORMÁTICA
SESIÓN 11. Nas sesións seguintes cada alumno leva a cabo un ciclo contable completo.
SESIÓN 12. Elabora a apertura, desenvolve a contabilidade dunha empresa e executa o peche contable da mesma, utilizando o programa informático CONTASOL.
Programa
A metodoloxía didáctica basearase en exposicións activas e demostrativas por parte do profesor, tras as cales exporá cuestións e exercicios que o alumno/a irá contestando a través do seu computador. Simultaneamente as respostas dadas ás preguntas expostas quedarán rexistradas no equipo informático do docente.
Esta metodoloxía permite así, ter un seguimento PERMANENTE e INDIVIDUALIZADO de cada alumno/a e fomenta a participación e a aprendizaxe significativa e autónoma. Este método de ensino garante a eficacia do curso xa que, instantaneamente o profesor liquida as dificultades e dúbidas que en cada alumno/a poidan xurdir. Co noso sistema de ensino programado, desde o primeiro día o alumno RAZOA os conceptos e non memoriza nada, senón que os PRACTICA.
Este curso é PRÁCTICO, ÚTIL e de APLICACIÓN INMEDIATA.
Actividades
Durante a primeira parte do curso estudaremos as diferentes contas que compoñen o Plan Xeral de Contabilidade, así como as súas normas de valoración. Durante esta parte o alumno, apoiándose nos recursos e material didáctico que lle facilitamos:
1º.RAZOA os conceptos grazas ás EXPLICACIÓNS e PREGUNTAS do profesor.
2º.ENTENDE o que aprende e lévao á PRÁCTICA.
Tras finalizar esta primeira parte, aplicaremos os novos coñecementos adquiridos a un caso real. Levaremos a contabilidade dunha empresa con documentos reais e elaboraremos un ciclo contable completo, desde a apertura ata o peche contable. Para iso, utilizaremos a aplicación informática de Contabilidade - CONTASOL.
Profesor
Óscar Rei Igrexas
Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).
A súa experiencia docente abarca diferentes organismos, destacando pola súa duración, o tempo que foi profesor titular do Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 200 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 9.000 horas lectivas.
Duración
40 horas lectivas (en xornadas de 2 horas diarias)
Data, horario e lugar de celebración
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Do 17 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2013
Horarios:
Grupo 1: de 09 a 11 horas
Grupo 2: de 11 a 13 horas
Grupo 3: de 16 a 18 horas
Grupo 4: de 18 a 20 horas
Grupo 5: de 20 a 22 horas
Acto de presentación
Martes, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no salón de actos do Colexio de Economistas da Coruña
Información e inscricións
A partir do mércores, 9 de xaneiro, no Colexio de Economistas, de luns a xoves de 9 a 14 e de 16 a 19 horas, e venres de 9 a 14 horas.
Teléfono: 981154325
Fax: 981154323
Email: formacion@economistascoruna.org
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org