Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O papel do EAFI (1º curso Ciclo asesoría financeira)

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
28/07/2011-29/09/2011
Matrícula:
01/08/2011-29/09/2011
Celebración:
29/09/2011-29/09/2011
Formación:
Áreas de formación:
Finanzas.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

Desde a Sección de Economistas Asesores Financeiros do Colexio de Economistas da Coruña, e coa colaboración da Escola de Finanzas, deseñouse un ciclo en asesoría financeira, que ten como obxectivo familiarizar aos asistentes con esta área de actividade e os seus aspectos máis relevantes.

Ao longo dun total de seis seminarios, que se celebrarán de setembro de 2011 a marzo de 2012, abordarase desde o papel do Experto en Asesoramento Financeiro,  regulado actualmente pola Comisión Nacional do Mercado de Valores, até o labor que o economista desempeña no ámbito da asesoría de servizos financeiros ou como axente financeiro dentro do asesoramento global aos seus clientes, pasando por aspectos técnicos.

Preténdese deste xeito clarificar a estreita relación do exercicio da nosa profesión con esta área que, por outra banda, cada vez require maior formación e especialización o que algunhas entidades empezan xa a esixir aos profesionais do noso colectivo.

 

Programa e relatores


O PAPEL DE EAFI (Experto en Asesoramento Financeiro) *Primeiro curso. Inscrición aberta
____________________________________________________________________

29 de setembro  2011

Relator:

Enrique Borrajeros
Socio-Director de Desenvolvemento de Negocio de Abante Asesores e Presidente do Comité de Comunicación de EFPA  España 

Próximos cursos. *** Inscrición aberta

20 de outubro 2011

A PROFESIÓN DE ASESOR FINANCEIRO DAS FAMILIAS COMO OPORTUNIDADE PROFESIONAL PARA O ECONOMISTA

_____________________________________________________________________
Relator:

Dositeo Amoedo

Asesor Financeiro das Familias. Delegado en Galicia do Comité de Servizos a asociados de EFPA (European Financial Planning Association) España

Próximos cursos. *** Inscrición aberta proximamente.

17 de novembro 2011

FUSIÓNS E ADQUISICIÓNS EN ÉPOCA DE CRISE
____________________________________________________________________

Relator:

David Torres
Socio director de ONEtoONE Capital Partners. Axente financeiro de Bankinter. Profesor de Finanzas Corporativas de Escola de Finanzas

19 de xaneiro 2012

FUNDAMENTOS DE ANÁLISE TÉCNICA

____________________________________________________________________

Relator:

David Galán

Director Renda Variable de Bolsa Xeral. Director do Programa Superior de Análise Bolsista en Escola de Finanzas 

23 de febreiro 2012

A VALORACIÓN DE EMPRESAS A OLLOS DO INVESTIDOR BOLSISTA

____________________________________________________________________

Relator:

Teresa Bittini

Profesora de cursos de post-grao e Directora de Valoración de Empresas en Escola de Finanzas

22 de marzo 2012

A XESTIÓN DE PASIVO EN CONTORNAS DE INCERTEZA

____________________________________________________________________

Relator:

Enrique Gago

Director Territorial "A Caixa", Banca Privada. Profesor da  Escola de Finanzas

 

Horario e lugar de celebración

Todos os seminarios deste Ciclo celebraranse de 19:00 a 21:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña

 

Matrícula (importe por seminario)       

 

 

 

Descontos:

A  inscrición a máis dun seminario comportará un10% de desconto a partir do segundo.

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

 

Colexiados e persoal dos seus despachos:        20,00 €

Colexiados en paro: matrícula gratuíta

Asociados de EFPA (1)                                     20,00 €

Outros participantes:                                            50,00 €

 

(1) Cada conferencia é válida por 2 horas de formación para a recertificación EFA e EFP. Importante: contactar coa Secretaría do Colexio – 981 154325  formacion@economistascoruna.org – para facer constar a condición de asociado de EFPA

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade