Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

FUSIÓNS E ADQUISICIÓNS EN ÉPOCA DE CRISE. (3º curso do Ciclo en asesoría financeira)

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
04/11/2011-17/11/2011
Matrícula:
07/11/2011-17/11/2011
Celebración:
17/11/2011-17/11/2011
Formación:
Áreas de formación:
Finanzas.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

Presentamos o terceiro dos cursos que compoñen o Ciclo de Asesoría Financeira, organizado pola Sección de Economistas Asesores Financeiros do Colexio de Economistas da Coruña coa colaboración da Escola de Finanzas.

Despois de abordar o papel do EAFI e a profesión de asesor financeiro das familias como oportunidade profesional para o economista, nesta ocasión trataremos sobre un tema tan candente como o son as fusións e adquisicións en época de crise.

 

 

Relator:

David Torres

Socio director de ONEtoONE Capital Partners. Axente financeiro de Bankinter. Profesor de Finanzas Corporativas de Escola de Finanzas

 

Data: 17 de novembro 2011

Horario e lugar de celebración
Todos os seminarios deste Ciclo celebraranse de 19:00 a 21:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º, A Coruña

Matrícula (importe por seminario)        

Colexiados e persoal dos seus despachos:        20,00 €

Colexiados en paro: matrícula gratuíta

Asociados de EFPA (1)                                     20,00 €

Outros participantes:                                            50,00 €

 

(1) Cada conferencia é válida por 2 horas de formación para a recertificación EFA e EFP. Importante: contactar coa Secretaría do Colexio – 981 154325  formacion@economistascoruna.org – para facer constar a condición de asociado de EFPA

 

Descontos:

A  inscrición a máis dun seminario comportará un10% de desconto a partir do segundo.

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN


________________________________________________________________________________________

Próximos cursos. *** Inscrición aberta proximamente

 



 

19 de xaneiro 2012

FUNDAMENTOS DE ANÁLISE TÉCNICA

____________________________________________________________________

Relator:

David Galán

Director Renda Variable de Bolsa Xeral. Director do Programa Superior de Análise Bolsista en Escola de Finanzas

 

 

23 de febreiro 2012

A VALORACIÓN DE EMPRESAS A OLLOS DO INVESTIDOR BOLSISTA

____________________________________________________________________

Relator:

Teresa Bittini

Profesora de cursos de post-grao e Directora de Valoración de Empresas en Escola de Finanzas

 

 

22 de marzo 2012

A XESTIÓN DE PASIVO EN CONTORNAS DE INCERTEZA

____________________________________________________________________

Relator:

Enrique Gago

Director Territorial "A Caixa", Banca Privada. Profesor da  Escola de Finanzas

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade