Lugar de celebración: A Coruña | |||
Preinscripción: 23/01/2009-12/02/2009 |
Matrícula: 13/02/2009-19/02/2009 |
Celebración: 20/02/2009-20/02/2009 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidad, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
A entrada en vigor da reforma contable aprobada pola Lei 16/2007, de 14 de xullo, supuxo unha modificación substancial dos criterios incluídos no Real Decreto 1815/1991, de 20 de decembro, para a formulación das contas anuais consolidadas.
No primeiro exercicio que se peche a partir do 1 de xaneiro de 2008, as sociedades que viñan formulando as contas do grupo de acordo coas normas aprobadas polo citado Real Decreto 1815/1990, deberán ter en consideración os cambios introducidos nos artigos 42 a 49 do Código de Comercio, os criterios do novo Plan Xeral de Contabilidade sobre "Combinacións de negocios", e as regras de dereito transitorio do Real Decreto 1514/2007, de 16 de novembro.Â
Co obxectivo de aclarar este marco normativo, en particular, que disposicións das Normas para a Formulación das Contas Anuais Consolidadas (NOFCAC) aprobadas polo Real Decreto 1815/1990 quedaron derrogadas, e precisar o contido das novas regras, o ICAC publicou no seu Boletín nº 75 (BOICAC) a Nota que será obxecto de análise na Xornada.
O método de traballo será eminentemente práctico, combinando exposicións teóricas coa resolución de exemplos, e fomentando a participación activa dos asistentes e o intercambio de opinións e experiencias ao redor das materias e novidades contables abordadas nos mesmos.
Nota relativa aos criterios aplicables na formulación de contas anuais consolidadas
Â
Subdirector Xeral de Normalización e Técnica Contable do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas
20 de febreiro 2009, de 10,00 a 14,00 horas
Colexio de Economistas (C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña)
Aos efectos da formación obrigatoria requirida polo futuro Regulamento da Lei de Auditoría de Contas, aos membros do Rexistro de Economistas Auditores que asistan a este Curso, se lles convalidará como formación continuada, en función dos requisitos que o citado Regulamento estableza.
Así mesmo as horas de formación deste curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.
Desconto 10% en segunda e sucesivas matrículas.
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
Cheque nominativo Colexio de Economistas da Coruña
Transferencia bancaria: 2091-0000-30-3040084894
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org