Lugar de celebración: A Coruña | |||
Preinscripción: 02/03/2009-26/03/2009 |
Matrícula: 09/03/2009-27/03/2009 |
Celebración: 30/03/2009-30/03/2009 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
A xornada exponse en dous partes claramente diferenciadas: as combinacións de negocios e a contabilización dos arrendamentos, facilitándose ao asistente a posibilidade de inscribirse no curso completo ou ben nalgunha das súas duas partes.
Combinacións de negocios:
Sen ningunha dúbida, a nova contabilización das combinacións de negocios constitúe unha das operacións empresariais que experimentou un significativo e relevante cambio co PGC 2008.
As combinacións de negocios regúlanse no RD 1514/2007 seguindo as directrices da NIIF3, o que implica unha normativa máis complexa. Ademais, o novo concepto de combinación de negocios, non é coincidente coas tradicionais operacións de fusión, escisión, compra de empresas,..., senón que alcanza toda unha serie de operacións que implican unha toma de control de negocios externos.
O tema é plena actualidade dado que na actual conxuntura en ocasións unha reestruturación empresarial ou reorganización dos negocios pode resultar unha medida para manter á boia a empresa, ademais de que o propio BOICAC manifestouse recentemente sobre estas operacións no marco do PGC2008.
É por iso que esta parte da xornada pretende analizar con detalle os temas básicos e os máis conflitivos que deben terse en conta no rexistro das combinacións de negocios, ter presente as implicacións tributarias e mercantís dos criterios de contabilización aplicados, coñecer a última normativa aprobada e facilitar aos profesionais, directores e xestores de empresas os coñecementos teóricos e prácticos para acometer con éxito o seu labor nas operacións de combinación de negocios.
Contabilización dos arrendamentos:
A promulgación do PGC 2008 convulsionou o panorama contable, e tratándose dos arrendamentos pódese afirmar que o cambio é maiúsculo. Para empezar, clasificar un arrendamento como operativo ou como financeiro, non é tarefa sinxela, existen indicadores pero non se poden tomar como concluíntes.
O auditor, o contable, o financeiro debe analizar en profundidade os elementos substanciais do contrato a fin de catalogalo como operativo ou financeiro, cuestión primordial e prioritaria, á vez que enredosa e complexa. ¿Hanse de activar os "rentings"? Fiscalmente, ¿cando será arrendamento financeiro?
Salvada a primeira etapa, antes de proceder a calquera contabilización, será mester determinar o saldo inicial do arrendamento (para o arrendatario e en sede do arrendador), o tipo de interese implícito, a suma dos pagos mínimos, o valor residual garantido, o valor residual non garantido, ..., así como delimitar as posibles cotas continxentes e os custos directos iniciais, entre outros.
Este marco xeral estenderase a casuísticas como os arrendamentos de terreos e construcións en conxunto, os arrendamentos tipo venda realizados directamente polos fabricantes/distribuidores, as vendas con arrendamento posterior, etc.
Nesta xornada tamén se analizarán as repercusións contables das prórrogas dos contratos, os incentivos/axudas que o arrendador concede ao arrendatario para facilitar as negociacións, os períodos de carencia acordados, as revisións do contrato, as cotas desiguais, os criterios para o recoñecemento do resultado, as informacións a revelar, a cuantificación do valor presente da débeda (arrendatario) e do dereito de cobro (arrendador), as operacións de "lease-back", a diferenciación para o caso do arrendador fabricante do resultado comercial e do resultado financeiro, entre outras.
Juan Luís Domínguez
Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable. Economista. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona
Descargar na sección Documentos
7,5 horas lectivas, das que 4,5 horas corresponden á materia "Combinacións de negocios" e 3 horas corresponden á materia "Contabilización dos arrendamentos"
Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Combinacións de negocios: 9,15 a 14,00 horas
Contabilización dos arrendamentos: 16,00 a 19,00 horas
Aos efectos da formación obrigatoria requirida polo futuro Regulamento da Lei de Auditoría de Contas, aos membros do Rexistro de Economistas Auditores que asistan a este Curso, se lles convalidará como formación continuada, en función dos requisitos que o citado Regulamento estableza.
Así mesmo as horas de formación deste curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.
Matrícula
|
Curso completo |
Combinacións de negocios |
Contabilización arrendamentos |
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
125,00 € |
85,00 € |
60,00 € |
Membros REA e persoal dos seus despachos: |
100,00 € |
70,00 € |
50,00 € |
Outros participantes: |
200,00 € |
140,00 € |
100,00 € |
Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRIPCIÓN
Transferencia bancaria: 2091-0000-30-3040084894
Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada en devandito prazo perderá a reserva de praza.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org