Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Claves de organización persoal para economistas

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
13/03/2015-08/04/2015
Matrícula:
13/03/2015-08/04/2015
Celebración:
09/04/2015-09/04/2015
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 9 de abril 

Stephen Covey, no seu famoso libro “Os 7 hábitos da xente altamente efectiva”, dinos: 

“Xa non basta con traballar duramente. Coa vertixinosa velocidade dos cambios tecnolóxicos e a crecente competencia impulsadas pola globalización dos mercados e da tecnoloxía, temos que educarnos e reeducarnos constantemente e reinventarnos a nós mesmos. Temos que desenvolver a nosa mente, agudizar e investir continuamente no desenvolvemento das nosas capacidades para evitar perder o tren.” 

“Claves de organización persoal para economistas” é un exercicio de localización do día a día da profesión nese marco de complexidade que describía Covey. 

A través de casos prácticos e un repaso de ferramentas e técnicas concretas (GTD, Persoal Kanban, PMP…), proporemos alternativas á estratexia tradicional baseada en puro esforzo e voluntarismo. 

 

Relator

Rafa García. Enxeñeiro de telecomunicacións, PMP e CSM. Organízase en base a GTD e Persoal Kanban desde hai 3 anos. Considera Os 7 hábitos unha guía imprescindible de supervivencia nunha realidade complexa e hiperdinámica. Conxuga a formación con experiencia real como consultor e xefe de proxectos. 

 

Programa
 

18:00-18:10  Presentación da sesión 

18:10-18:30  Economista: traballador do coñecemento: 

 - ¿Que é un economista?

 - ¿Como traballades os economistas?

 - ¿Sodes traballadores do coñecemento? 

18:30-18:50  ¿Por que estás sempre tan endiabladamente ocupado? 

 - ¿Que é a Contorna 2.0?

 - Economistas na Contorna 2.0 

18:50-19:10 Catálogo de solucións de organización persoal 

19:10-19:40 Aplicación a tres casos prácticos: 

 -  Juan e Sonia: Emprendedores financeiros

 - Susana: Directora Xeral da Xunta.

 - Alberto: analista de investimentos en banca privada 

19:40-20:00 Coloquio

  

Data, horario e lugar de celebración 

Xoves 9 de abril. De 18:00 a 20:00

Sede do Colexio de Economistas

Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

  

Matrícula 

Gratuíto para colexiados e persoal de despachos (un asistente por colexiado).

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade