Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Xestión laboral e contratación

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
13/01/2015-18/01/2015
Matrícula:
13/01/2015-18/01/2015
Celebración:
18/01/2015-13/02/2015
Formación:
Áreas de formación:
Laboral.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 19 de xaneiro a 13 de febreiro 2015

Cunha orientación práctica e unha metodoloxía baseada en grupos reducidos con apoio informático, estes cursos diríxense especialmente a persoas que dispoñen de moi pouco tempo e necesitan solucións inmediatas, sen ser precisos grandes coñecementos previos.

Metodoloxía

Tomando como punto de referencia a especial orientación práctica que se persegue, a metodoloxía das clases combinará os ensinos teóricos (asistida por computador) coa resolución de casos prácticos.


As clases desenvolveranse en grupos reducidos cun computador por alumno. Expedirase Diploma Acreditativo, entregarase ampla documentación e ofrecerase asesoramento unha vez finalizado o curso.

 

Destinatarios

· Persoas que dispoñen de moi pouco tempo e que non lles interesan cursos de longa duración.

· Persoas activas que nos lles motivan os cursos teóricos que necesitan solucións prácticas inmediatas.

· Pequenos e medianos empresarios.

· Administrativos e comerciais.

· Avogados.

· Graduados sociais.

· Xestores administrativos.

· Economistas sen experiencia.

· Mozos en busca de emprego.

 

Duración: cada un dos cursos ten unha duración de 40 horas impartidas de luns a venres a razón de 2 horas diarias.

Ver programas detallados

 

Profesor

Óscar Rei Igrexas

Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).

A súa experiencia docente abarca diferentes organismos, destacando pola súa duración, o tempo que foi profesor titular do Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 200 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 9.000 horas lectivas.

 

 

Data, horario e lugar de celebración Do 15 de xaneiro a 11 de febreiro 2014

Horarios:

Grupo 1: de 09 a 11 horas

Grupo 2: de 11 a 13 horas

Grupo 3: de 16 a 18 horas

Grupo 4: de 18 a 20 horas

Grupo 5: de 20 a 22 horas
Sede do Colexio de Economistas. Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

 

Información e inscricións

A partir do martes, 13 de xaneiro, na sede do Colexio de Economistas na Coruña, de luns a xoves de 9 a 14  e de 16 a 19 horas, e venres de 9 a 14 horas.

 

Teléfono: 981154325

Fax: 981154323
Email: formacion@economistascoruna.org

 

 

FORMACIÓN BONIFICABLE A través da FUNDACIÓN TRIPARTITA

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade