Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscripción: 13/01/2015-18/01/2015 |
Matrícula: 13/01/2015-18/01/2015 |
Celebración: 19/01/2015-13/02/2015 |
|
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
Cunha orientación práctica e unha metodoloxía baseada en grupos reducidos con apoio informático, estes cursos diríxense especialmente a persoas que dispoñen de moi pouco tempo e necesitan solucións inmediatas, sen ser precisos grandes coñecementos previos.
Metodoloxía
Tomando como punto de referencia a especial orientación práctica que se persegue, a metodoloxía das clases combinará os ensinos teóricos (asistida por computador) coa resolución de casos prácticos.
As clases desenvolveranse en grupos reducidos cun computador por alumno. Expedirase Diploma Acreditativo, entregarase ampla documentación e ofrecerase asesoramento unha vez finalizado o curso.
Destinatarios
· Persoas que dispoñen de moi pouco tempo e que non lles interesan cursos de longa duración.
· Persoas activas que nos lles motivan os cursos teóricos que necesitan solucións prácticas inmediatas.
· Pequenos e medianos empresarios.
· Administrativos e comerciais.
· Avogados.
· Graduados sociais.
· Xestores administrativos.
· Economistas sen experiencia.
· Mozos en busca de emprego.
Duración: cada un dos cursos ten unha duración de 40 horas impartidas de luns a venres a razón de 2 horas diarias.
Profesor
Óscar Rei Igrexas
Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).
A súa experiencia docente abarca diferentes organismos, destacando pola súa duración, o tempo que foi profesor titular do Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE). Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 200 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 9.000 horas lectivas.
Data, horario e lugar de celebración Do 19 de xaneiro a 15 de febreiro 2015
Horarios:
Grupo 1: de 09 a 11 horas
Grupo 2: de 11 a 13 horas
Grupo 3: de 16 a 18 horas
Grupo 4: de 18 a 20 horas
Grupo 5: de 20 a 22 horas
Sede do Colexio de Economistas. Cabaleiros, 29-1º. A Coruña
Información e inscricións
A partir do martes, 13 de xaneiro, na sede do Colexio de Economistas na Coruña, de luns a xoves de 9 a 14 e de 16 a 19 horas, e venres de 9 a 14 horas.
Teléfono: 981154325
Fax: 981154323
Email: formacion@economistascoruna.org
FORMACIÓN BONIFICABLE A través da
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org