Lugar de celebración: Ferrol, Ferrol | |||
Preinscripción: 04/12/2014-15/12/2014 |
Matrícula: 04/12/2014-15/12/2014 |
Celebración: 15/12/2014-15/12/2014 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidad, Fiscal. |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
Nesta xornada analizaranse os aspectos fundamentais a considerar no proceso de revisión do peche fiscal e contable do exercicio, revisando as novidades producidas en 2014 en ambos os ámbitos,, con especial atención ás novidades aplicables neste ano, como as introducidas pola Lei 16/2013, así como o resto de actualización normativa.
Organizan
Colexios de Economistas e de Titulados Mercantís da Coruña
Relator
Marceliano Hernández do Canto
Avogado. Socio de Caballero-Velázquez Avogados. Foi docente da Escola de Facenda Pública e do Master de Asesoría Xurídica de Empresas de ICADE
Duración
4 horas lectivas
Programa
Revisión do proceso de peche do exercicio 2014, con especial atención ás novidades aplicables neste ano:
· Medidas tributarias do Imposto sobre Sociedades que afectan o peche do exercicio 2014, introducidas pola L 16/2013.
· Actualización normativa, que incorpora as novidades introducidas no LIS que afectan o exercicio 2014 polas seguintes disposicións:
1. Real Decreto 960/2013, de 5 de decembro, que modifica o Regulamento do Imposto sobre Sociedades, regulando a aplicación dos plans de amortización, os procedementos para a obtención de acordos previos de valoración, os plans especiais de investimento para a dedución por investimento de beneficios nas Pemes e o exercicio da opción nos contratos de arrendamento financeiro, reembolso e transmisión de participacións en fondos de investimento.
2. Real Decreto-lei 16/2013, de 20 de decembro, de medidas para flexibilizar o contrato de traballo a tempo parcial.
3. Lei 22/2013, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2014, pola que se prorroga o gravame complementario do IRPF, así como os tipos reducidos de gravame para as microempresas por creación de emprego, o mantemento das deducións por gastos de persoal para a formación en novas tecnoloxías, así como outras medidas no ámbito do Imposto sobre Sociedades.
4. Real Decreto 1042/2013, de 27 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre os Gases Fluorados de Efecto Invernadoiro, e polo que se modifica, entre outros, o Regulamento do Imposto sobre Sociedades.
5. Real Decreto-lei 1/2014, de 24 de xaneiro, mediante o que se equiparou o tipo de retención durante 2014 entre o IRPF e o Imposto sobre Sociedades.
6. Lei 1/2014, de 28 de febreiro, para a protección dos traballadores a tempo parcial e outras medidas urxentes na orde económica e social.
7. Real Decreto-lei 4/2014, de 7 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial.
· Análise dunha ampla selección das contestacións a consultas máis relevantes en materia fiscal e contable evacuadas pola DXT e o ICAC no exercicio, así como de xurisprudencia de especial interese.
· Breve revisión das principais novidades da reforma fiscal de 2015 con incidencia na toma de decisións do peche do exercicio 2014.
Data, horario e lugares de celebración Santiago:
15 de decembro 2014, de 09:00 a 13:00 horas
Facultade de CC. Económicas e Empresariais. Avda. Burgo s/n. Campus Norte
Ferrol:
15 de decembro 2014, de 16:30 a 20:30 horas
Facultade de CC. do Traballo. Campus Universitario de Esteiro
A Coruña:
16 de decembro 2014, de 09:00 a 13:00 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º.
*Importante: a celebración en cada unha das localidades está condicionada a alcanzar un número mínimo de asistentes.
Homologación
Ademais de computar a efectos da formación obrigatoria en auditoría, las horas de formación deste Curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.
Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: |
75,00 € |
Outros participantes: |
120,00 € |
Desconto: 10% segunda e sucesivas matrículas
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org