Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Rendibilidade e Calidade na Auditoría: Como elaborar, presentar e xestionar o orzamento do encargo

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
24/11/2014-02/12/2014
Matrícula:
24/11/2014-02/12/2014
Celebración:
03/12/2014-03/12/2014
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidad, Auditoría.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 3 de decembro 2014

Os auditores individuais e as firmas de auditoría de reducida dimensión sofren con certa frecuencia niveles de rendibilidade moi reducidos nos seus clientes de auditoría.

Ademais de supor un freo á supervivencia e crecemento do despacho, unha insuficiente rendibilidade dos encargos profesionais pode provocar tensións en aspectos tan esenciais para a auditoría como a calidade, a obtención de evidencias apropiadas, a dilixencia ou a propia independencia do auditor.

A presente sesión pretende os obxectivos seguintes:

Identificar que erros poden cometerse na fase inicial do encargo de auditoría (toma de datos, elaboración e presentación do orzamento), por que afectan á rendibilidade e como poden evitarse.

Achegar un método práctico para estimar o orzamento adecuado do encargo e os criterios e ferramentas a aplicar para o seu control ao longo do traballo.

Resaltar solucións eficaces a considerar para aumentar a rendibilidade do despacho.

Mostrar as pautas a seguir para asegurar que as medidas de mellora de rendibilidade propostas sexan compatibles coa maior calidade profesional do encargo e co estrito cumprimento das normas de auditoría.

Organizan

Colexios de Economistas e de Titulados Mercantís da Coruña

Programa

1.        A Toma de datos: Información estratéxica a obter, tanto sobre o cliente como do encargo, para preparar un orzamento adecuado.

2.        A aceptación do cliente e do encargo: política interna do auditor versus requisitos establecidos nas normas profesionais (Normas Técnicas ICAC e NIAs).

3.        Un exemplo práctico de Procedemento de aceptación e continuidade de clientes e encargos profesionais (Manual de Calidade Interno).

4.        Como estimar e cuantificar o orzamento do traballo. Formulario de axuda.

5.        A Proposta de Servizos Profesionais: aspectos obrigatorios e contido diferenciador.

6.        Presentación eficaz da proposta profesional ao cliente eventual. ¿Negociación de honorarios?

7.        A carta de encarga: aspectos formais contidos nas Normas Técnicas do ICAC e nas Normas Internacionais de Auditoría.

8.        Control posterior do orzamento do traballo: alertas para actuar a tempo.

9.        Exemplo práctico de Cadro de Mando para o control xeral da rendibilidade do despacho.

 

10.     ¿Como ser máis rendibles? Dez erros a evitar.

Relator

 

Pedro Martínez Pérez
 Economista, auditor.  Profesor colaborador en diversos Máster de Auditoria, Seminarios e cursos formativos organizados por REA- CGCEE e ECIF-CGCEE.

Duración

5  horas lectivas

Lugar de celebración e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

De 09:00  a 14:00 horas

Homologación REA e TAP

5 horas computables na súa totalidade como materia de auditoría e contabilidade, a efectos das obrigacións de formación continuada, establecidas pola normativa de auditoría vixente.

 

Así mesmo as horas serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

Matrícula

                                                                         

Colexiados e persoal dos seus despachos:                                   90,00 €

Outros participantes:                                                                    150,00 €

 

Descontos (non acumulables):

 

·         20% Membros REA-REGA e persoal dos seus despachos

·         10% segunda e sucesivas matrículas

 

 

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade