Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

II Curso de especialización práctica en Dereito Concursal

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
22/09/2014-19/11/2014
Matrícula:
22/09/2014-19/11/2014
Celebración:
20/11/2014-09/07/2015
Formación:
Áreas de formación:
Concursal.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, novembro 2014 a xullo 2015

O sobreendeudamiento no sector privado que destapou a crise degeneró nun peche masivo de pemes e nun galopante nivel de desemprego. Nin o concurso de acredores serviu para frear esa sangría: máis do 90% das empresas que se agarran a ese cravo ardendo acaban liquidadas.

A Lei Concursal ha sufrido dúas modificacións substanciais nos últimos meses, a primeira delas a través do Real Decreto-lei 4/2014, polo que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial, pretende dar unha oportunidade a compañías moi endebedadas pero viables, evitando deste xeito que empresas rendibles pero con falta de liquidez teñan que acudir a concurso de acredores. Ademais, durante a tramitación deste RD como Lei introducíronse importantes modificacións relativas á administración concursal en canto ao seu nomeamento, retribución, funciones etc.. Esta Lei acaba de ser aprobada definitivamente no Congreso dos Deputados o pasado día 18 de setembro.

 

A segunda das reformas, máis recente, da man do Real Decreto-lei 11/2014 aprobado polo Consello de Ministros o venres día 5 de setembro, introduciu importantes novidades no relativo ás maiorías necesarias para a aprobación dos convenios, permitindo, ademais, o convenio dentro do convenio así como tamén na fase de liquidación concursal no relativo á venda das unidades produtivas.

 

¿Que facilidades introduce a reforma concursal?  ¿A que tipos de acordos poderán chegar as partes? ¿Cando se considera viable unha empresa endebedada? ¿Cal é a mellor opción para unha micropyme? ¿Que incentivos introduce a norma para chegar a acordo? ¿Pode un banco ou un fondo acabar controlando a peme?
 
Todas estas cuestións e moitas outras deben ser obxecto dun profundo estudo, polo que axuntando esforzos, os Colexios de Avogados, Economistas e Titulados Mercantís, deseñaron este programa que obedece ao obxectivo de ofrecer á súa colexiados formación permanente e específica en materia concursal, facilitando así o cumprimento que a este respecto a nova norma esixe para o exercicio da función de administrador concursal.
 
Trátase dun programa completo estruturado en 9 módulos que se desenvolverán desde o 8 de maio ata o 18 de decembro de 2014, en sesións semanais de 4 horas impartidas en horario de xoves tarde, facilitando deste xeito a súa compatibilidade coa xornada laboral.

 

Organizan
Colexios de Avogados, Economistas e de Titulados Mercantís da Coruña

 

Duración

120 horas lectivas.
Para a obtención do diploma acreditativo requírese a asistencia mínima ao 70% das horas do curso. 

 

Homologación

Homologado polo Rexistro de Expertos en Economía Forense do Consello Xeral de Economistas.

120 horas computables a efectos de formación continua na área concursal e computables a efectos da formación obrigatoria para auditores na categoría doutras materias.


Programa e relatores

[Descargar tríptico]

 

Datas e horario
Inicio: 20 de novembro 2014. Finalización: 9 de xullo 2014
Sesións impartidas os xoves en horario de 16:30 a 20:30 horas.


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 1.200,00 €

Outros participantes: 1.900,00 €


Posibilidade de inscrición por MÓDULOS
Posibilidade de fraccionamiento de pago

 

Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas


Descontos especiais noutros cursos: a inscrición neste curso dará dereito a:

·         Asistencia gratuíta ao curso” Como abordar con éxito os procesos de reestruturación económica e refinanciamento financeiro” (A Coruña, 14 de outubro).

·         Desconto do 40% no “VIII encontro en Galicia de profesionais do Dereito concursal” (Santiago, 13 e 14 de novembro).

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

 

FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade