Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Ciclo NORMAS INTERNACIONAIS DE CONTABILIDADE_2ª sesión

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
02/06/2014-08/07/2014
Matrícula:
06/06/2014-08/07/2014
Celebración:
09/07/2014-09/07/2014
Formación:
Áreas de formación:
Auditoría.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 9 de xullo 2014

O coñecemento das Normas Internacionais de Auditoría (NIA) marcouse como prioritario para o colectivo de auditores, xa que a súa adopción introduce toda unha serie de cambios relevantes nos procedementos de auditoría e en consecuencia nas conclusións a alcanzar polo auditor e o contido dos informes de auditoría. Neste curso, dividido en tres sesións que poden realizarse de forma independente, analízase a repercusión que a nova normativa pode ter nalgúns dos procedementos a aplicar polo auditor nos seus traballos de auditoría, na avaliación final do traballo nas conclusións a que pode chegar o auditor e a súa repercusión na opinión do auditor e na emisión dos informes de auditoría. Coa revisión e análise das NIA e a súa comparación coa normativa española vixente ata a data, pretenderse dar unha orientación sobre a súa aplicación práctica, vendo as principais diferenzas e cambios que supoñen na avaliación dos posibles erros ou incumprimentos atopados no traballo do auditor, as súas conclusións e no contido do informe de auditoría.

 

Data, lugar de celebración e horario

9 de xullo 2014

Sede do Colexio de Economistas. Cabaleiros, 29-1º. A Coruña. De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas

 

Programa e relator

 

-           Responsabilidades do auditor na auditoria de estados financeiros con respecto á fraude (NIA 240) .

-          Consideración das disposicións legais e regulamentarias na auditoría de estados financeiros(NIA 250) .

-          Comunicación cos responsables do goberno da entidade (NIA 260).

-          Consideracións de auditoría relativas a unha entidade que utiliza unha organización de servizos (NIA 402).

-          Auditoría de estimacións contables, incluíndo as de valor razoable e revelacións relacionadas (NIA540).

-           Partes vinculadas (NIA 550).

-           Feitos posteriores ao peche (NIA 560).

-           Empresa en funcionamento (NIA 570).

-           Manifestacións escritas (NIA 580).


Antonio Ramiro Jaraiz
Economista auditor de contas con 22 anos de experiencia en big four, revisor de Control de Calidade no Convenio ICAC-REA, Colaborador habitual do Departamento de formación do CGEE e asesor de auditores. 

Ver información resto sesións 

1ª SESIÓN_19 de xuño 2014

3º SESIÓN_9 de setembro 2014

 Formación obrigatoria auditoría

8 horas computables por cada unha das sesións en materia de auditoría a efectos do cumprimento da formación continuada establecida polo Regulamento de Auditoría.

Matrícula

1 curso

2 cursos

3 cursos

Colexiados e persoal dos seus despachos:

125,00 €

235,00€

335,00€

Outros participantes:  

200,00 €

375,00€

535,00€

 Descontos (non acumulables):

 Membros REA-REGA e persoal dos seus despachos: 20%

Segunda e sucesivas matrículas: 10%

 

*IMPORTANTE: se realiza a inscrición a máis dun curso contacte coa secretaría do Colexio para que se lle aplique a tarifa correspondente formacion@economistascoruna.org

   

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Formación bonificable pola Fundación Tripartita

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade