Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Curso: Contabilidade e Auditoría de entidades sen ánimo de lucro

Lugar de celebración: , Aula del Colegio de Economistas de Pontevedra
Preinscripción:
17/09/2012-18/09/2012
Matrícula:
18/09/2012-28/09/2012
Celebración:
01/10/2012-01/10/2012
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A contabilidade das fundacións, ata o 31 de decembro está regulada polo Real Decreto 776/1998, de 30 de abril, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e as normas de información orzamentaria destas entidades. Posteriormente, en 2002, produciuse un cambio normativo tanto no réxime fiscal destas entidades como nos seus aspectos substantivos, coa publicación das Leis 49/2002, de 23 de decembro, do Réxime Fiscal das Entidades Sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado e 50/2002, de 26 de decembro, de Fundacións. Na disposición final terceira desta última lei dábase o prazo dun ano ao Goberno para actualizar as normas de adaptación do P.G.C. a estas entidades.

Coa entrada en vigor do Real Decreto 1514/2007 as fundacións están obrigadas a aplicar a adaptación do antigo PGC de 1990, debendo utilizar o PFC de 2007 en todos os aspectos que fosen modificados. O Consello de Ministros, na súa reunión do pasado 21 de outubro aprobou o Real Decreto polo que se establecen as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das fundacións de competencia estatal.

O obxectivo do curso é analizar as peculiaridades da contabilidade de fundacións, a formulación das contas anuais destas entidades e os problemas de auditoría das mesmas.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade