Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña | |||
Preinscripción: 04/05/2012-28/05/2012 |
Matrícula: 04/05/2012-28/05/2012 |
Celebración: 29/05/2012-29/05/2012 |
|
Formación: |
Áreas de formación: Contabilidad, Auditoría. |
Acceso: Aberto. Previa inscripción. |
Desde a organización colexial, e concretamente desde o Rexistro de Economistas Auditores (REA-CGCEE) está a participarse moi activamente, tanto a nivel nacional como internacional, para facer chegar a nosa preocupación e propostas ás máis altas instancias económicas e políticas sobre os prexuízos que as modificacións das Directivas en curso poderían ocasionar na transparencia e fiabilidade da información financeira xerada polas Pemes, así como sobre os seus efectos negativos para os auditores de contas.
Nesta xornada contaremos coa inestimable colaboración, como Conferenciante, da nova Presidenta do ICAC, Ana Mª Martínez-Pina García, quen participou en diversas reunións da CE sobre o desenvolvemento destas Directivas.
O obxectivo desta xornada é analizar a situación na que se atopan as Propostas de Directivas do Parlamento Europeo (PE) e do Consello actualmente en trámite:
- Sobre os estados financeiros anuais, os estados financeiros consolidados e outros informes afíns de certos tipos de empresas 2011/0308 (COD): Modificación da IV e VII Directivas. Está prevista a votación desta Directiva na Sesión Plenaria do PE o día 10 de Setembro de 2012.
- Pola que se modifica a Directiva 2006/43/CE, relativa á auditoria legal das contas anuais e das contas consolidadas 2011/0389 (COD): Modificación da VIII Directiva. Está prevista a votación desta Directiva na Sesión Plenaria do PE en xaneiro de 2013.
- Ademais, repasarase –como parte da IV Directiva– a Directiva 2012/6/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 14 de Marzo de 2012, pola que se modifica a Directiva 78/660/CEE do Consello, relativa ás contas anuais de determinadas formas de sociedade, no que respecta ás microentidades, publicada con data 21.3.2012, no Diario Oficial da UE.
Previamente faremos unha breve análise da situación actual da auditoría tras a entrada en vigor do novo Regulamento da Lei de Auditoría de Contas e a Norma de Control de Calidade Interno dos auditores, e a previsible implantación inmediata das Normas Internacionais de Auditoría, aspectos que con seguridade afectarán á estrutura e dimensión dos auditores individuais e pequenas firmas de auditoría.
Aproveitaremos este marco para realizar a entrega de diplomas á última promoción do Curso de Especialización en Auditoría de Contas, organizado polo Colexio de Economistas xunto coa Universidade da Coruña.
Programa
19:00 horas Presentación
Roberto Pereira Costa . Decano-Presidente do Colexio de Economistas da Coruña
19:15 horas NIAs, RLAC e NCCI: Un novo horizonte para os auditores
Manuel Pardo Mosquera. Presidente Adxunto do Colexio de Economistas da Coruña. Conselleiro e Presidente do Comité de Normas e Procedementos do Rexistro de Economistas Auditores (REA-CGCE)
20:00 horas Situación actual da contabilidade e auditoria na Unión Europea e Directivas relacionadas na fase de elaboración
Ana Mª Martínez-Pina García. Presidenta do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas
20:45 horas Coloquio
21:00 horas Clausura e entrega de diplomas á última promoción do Curso de Especialización en Auditoría de Contas.
Fernando Ruiz Lamas. Director do Departamento de Contabilidade e Auditoría de Contas da UDC
Data e lugar de celebración
A Coruña, 29 de maio de 2012
Fundación Pedro Barrié da Maza (Cantón Grande, 9 – A Coruña)
Homologación
Xornada homologada polo REA aos efectos da formación obrigatoria requirida polo Regulamento da Lei de Auditoría de Contas.
As horas de formación deste Curso serán computadas igualmente a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.
Matrícula Gratuíta previa inscrición. PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicaciones
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org