Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Curso práctico de elaboración de contas anuais: ECPN e EFE

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscripción:
14/03/2012-10/04/2012
Matrícula:
14/03/2012-10/04/2012
Celebración:
11/04/2012-11/04/2012
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidad.
Acceso:
Aberto. Previa inscripción.

A Coruña, 11 de abril 2012

A finalidade deste curso é elaborar, coñecer e explicar os novos estados financeiros con obxecto de poder facer unha análise previsional máis exhaustivo da empresa, traballando co criterio do valor razoable, traballando co grupo 8-9 do Plan Xeral de Contabilidade, Subvencións oficiais en capital, activos financeiros dispoñibles para a renda e traballando o criterio do custo amortizado.

Por iso desde o diario, o balance e a conta de resultados, elaboraremos o Estado de Cambios no Patrimonio Neto e o Estado de Fluxos de efectivo.

Duración 8 horas lectivas

Programa

·         Resolución de 2 casos prácticos de Estado de cambios: 

-  Análise do total de ingresos e gastos recoñecidos.

-  Análise detallada do estado total de cambios no patrimonio neto.

·         Resolución Caso práctico de Estado de fluxos: 

·         Explicando por área de negocio os Fluxos de efectivo por operacións de explotación, investimento e financiamento.

·         Exposición ampla e completa de todos os puntos do programa.

·         Realización, análise e resolución de supostos e casos prácticos.

·         Participación activa dos asistentes coa finalidade de engadir a súa experiencia como ferramenta enriquecedora da acción docente.

 

Relator

Alberto Martínez da Riva

Licenciado en Ciencias Económicas. Director Xeral do Centro Europeo de Estudos Profesionais

 

Horario e lugar de celebración

11 de abril, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas

Sede do Colexio de Economistas na Coruña

C/ Cabaleiros, 29-1º


Homologación

 

Curso homologado polo REA aos efectos da formación obrigatoria requirida polo Regulamento da Lei de Auditoría de Contas. 

 

As horas de formación deste Curso serán computadas  igualmente a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.

 

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 150 euros

Outros participantes: 240 euros

 

Descontos (non acumulables):

10% segunda e sucesivas matrículas

20% s membros do REA

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA

(Importante: para conseguir a bonificación é imprescindible realizar as xestións antes a Fundación Tripartita cunha antelación mínima de 7 días antes do inicio do curso).

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade