Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Convocada a 7ª Edición do Premio Ideas

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

01/08/2017

Nova: Convocada a 7ª Edición do Premio Ideas

A Fundación Unha Galicia Moderna convocou unha nova edición do Premio Ideas -que suma deste xeito sete edicións- en concordancia coa súa finalidade de promover, incentivar e executar calquera tipo de iniciativa dirixida a impulsar o desenvolvemento da economía, de mellorar o coñecemento e a imaxe de Galicia.

Este premio ten como obxectivo promover e incentivar iniciativas dirixidas a impulsar o desenvolvemento da economía, así como fomentar o autoemprego para mozos licenciados de todas as titulacións. Os premios outórganse a persoas, empresas ou institucións que presenten un plan de negocio que xere emprego e riqueza, estando a cargo dun Xurado composto polos membros do Padroado, e por representantes de empresas e entidades independentes.

Desde que se constituíu a Fundación Unha Galicia Moderna, esta iniciativa tivo gran acollida, aumentando a súa repercusión en cada edición, tanto no que se refire ao número de proxectos presentados ao premio como á difusión pública do mesmo.

Ademais do anterior, o Premio vén avalado pola calidade dos proxectos que mereceron ser galardoados nas distintas edicións, algúns deles son hoxe empresas fortemente consolidadas.

 

Máis información e bases da Sétima Edición

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade