Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

APE Galicia asina un convenio de colaboración co Consello Galego de Economistas

Fonte: Consello Galego de Economistas

12/02/2020

Nova: APE Galicia asina un convenio de colaboración co Consello Galego de Economistas

O Consello Galego de Economistas e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) asinaron o pasado día 2 de febreiro en Santiago de Compostela un acordo de colaboración centrado en impulsar e divulgar actividades que resulten de interese para ambas as institucións, dirixidas ao colectivo autónomo.

O acordo subscrito polo presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez, e o presidente do Consello, Miguel Anxo Vázquez Taín, establece unha liña de traballo cuxo fin último é contribuír ao desenvolvemento económico e social en Galicia.

Entre as actuacións previstas inclúense actividades formativas e xornadas informativas co obxectivo de promover a cultura emprendedora a través do autoemprego, ademais de incluír actuacións que fomenten a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos. Este acordo permitirá tamén a colaboración entre ambas as entidades para a realización de estudos sobre o colectivo autónomo.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade