Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Revista IVJornadas de Auditoria e Contabilidade en Galicia

Fonte: Colexio de Economistas de Pontevedra

17/01/2020

Nova: Revista IVJornadas de Auditoria e Contabilidade en Galicia

Estas IV XORNADAS DE AUDITORIA e CONTABILIDADE EN GALICIA, celebradas en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de novembro de 2019, ás que asistiron 150 profesionais da auditoría e a contabilidade, siervieron para reivindicar o valor do traballo dos profesionais e reflexionar sobre o reto tecnolóxico que hai que asumir.

O acto inaugural estivo presidido por Miguel A. Vázquez Taín, Presidente do Consello Galego de Economistas e por Enrique González González, Presidente do Instituto de Censores Xurados de Contas de España en Galicia, acompañados por Adriana Domínguez, Conselleira Delegada do grupo Adolfo Domínguez, quen pronunciou unha interesante conferencia inaugural sobre o papel das empresas no século XXI e a necesidade de adaptarse ao cambio.

Completaron a mañá as conferencias de Ramón Abella, Socio de PwC España, que disertou sobre o estado de información non financeira, para a continuación tomar a palabra Dores Urrea, Subdirectora Xeral adxunta de Normalización e Técnica Contable do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas,  nunha conferencia que versou sobre as novidades na normativa contable para 2020. Despois do xantar renovouse a sesión coa intervención de Francisco Rabadán, Socio de KPMG responsable de assurance, que tratou sobre outros traballos do Auditor, pechando a Xornada Loreta Calero, Managing Partner e International Liason Partner Crowe e Manuel Mendiola, Director asociado. Responsable da área de Riscos Tecnolóxicos en PKF ATTEST, que falaron sobre proceso de dixitalización e solucións prácticas, para a súa aplicación nas firmas de auditoría.

O venres día 15 iniciou a xornada Sara Mondelo, asociada principal en Cuatrecasas, que falou sobre os supostos nos que a lexislación mercantil societaria esixe a intervención dun /Auditor experto independente nomeado polo Rexistro Mercantil. A xestión do talento na profesión auditora foi o tema abordado por Belén Varela, RH positivo organizacións positivas. indicando que canto máis tecnolóxica e dixital é a economía, a xestión das organizacións demanda maior humanismo.

A responsabilidade do auditor, o manual do control interno e compliance foi o tema abordado por Sergio Salcines, Socio director informa consulting, como último conferenciante das Xornadas, pasando a continuación á celebración dunha mesa redonda, moderada por Salustiano Veo Sabín, Vicepresidente do Consello Galego de Economistas e Vogal do Consello Asesor do REA Auditores CGE, sobre o presente e o futuro do auditor e do experto contable, na que participaron Carlos Puig de Travy -Presidente do Rexistro Auditores -REA-CGE, Ferrán Rodríguez Arias -Presidente do ICJCE, Francisco Graza Herréiz -Presidente do Rexistro Expertos Contables -REC-CGE, por Enrique Rubio Herrera -Presidente do ICAC

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade