Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

IV Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia: Santiago de Compostela, 14 e 15 de novembro

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

23/10/2019

Nova: IV Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia: Santiago de Compostela, 14 e 15 de novembro

Despois do éxito obtido no tres anteriores edicións, os próximo días 14 e 15 de novembro terá lugar a Celebración das IV Xornadas de Auditoria e Contabilidade en Galicia.

Como nas anteriores edicións se aúnan o esforzo e organización conxunta da representación autonómica das dosúnicas corporacións de auditores en España: o Rexistro deEconomistas Auditores (REA) que forma parte do Consello Xeral de Economistas de España e cuxos representantesestán integrados no Consello Galego de Economistas, e a Agrupación de Galicia do Instituto de CensoresJurados de Contas de España (ICJCE).

Coa experiencia de ambas as corporacións que representan a practicamente a totalidade da profesión auditora, deseñouse un completísimo e interesantísimo programa formativo no que se inclúen materias, entre outras, como o Estado de Información Non Financeira, Novidades na normativa contable para o 2020, Procesos de dixitalización e solucións prácticas para as firmas de auditoría e unha interesantemesa redonda sobre o presente e futuro da auditoria e contabilidade que contará como non, cos representantes a nivel nacional da profesión auditora e expertos contables.

Unha cita imprescindible para os expertos contables e profesionais auditores, que ademais de conseguir unha formación de calidade, compartir experiencias e coñecemento con outros compañeiros, queiran coñecer tamén de primeira man os camiños que pode seguir o futuro da profesión.

Máis Información

 

Inscribrirse

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade