Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Presentación do Atlas Concursal 2019

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

17/10/2019

Nova: Presentación do Atlas Concursal 2019

No marco do XIII Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal e Societario, (ver páxinas 3 e 4) foi presentado o Atlas Concursal 2019, elaborado polo Rexistro de Economistas Forenses (REFOR), que indica que o número de concursos de acredores manterase en España neste 2019 en cifras similares ás do pasado exercicio. 

Na presentación, na que participaron o presidente do Consello Xeral de Economistas de España, Valentín Pich; o presidente do REFOR, Alfred Albiol; o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Miguel Anxo Vázquez Taín, o codirector do Encontro, Ramón Xoga, e Alberto Velasco, secretario técnico do REFOR, expuxéronse os últimos datos sobre as principais variables relacionadas coa insolvencia no noso país (concursos de acredores, mediacións, refinanciamentos, segunda oportunidade, pagos do Fogasaâ), analizando a súa evolución temporal e establecendo comparacións entre comunidades autónomas, así como entre os diferentes países da Unión Europea. Á vista dos datos, definíronse posibles ineficiencias e asimetrías dos nosos mecanismos de resolución de insolvencias e establecéronse propostas de mellora dos mesmos. 

Cifras baixas en España 

No informe ponse de manifesto que as cifras de España seguen sendo aínda moi baixas en relación cos países da contorna. Os 4.131 concursos españois quedan moi lonxe das insolvencias que tramitan os xulgados en Francia (54.000), Alemaña (20.000), o Reino Unido (17.000), Italia (12.000) ou Dinamarca (7.000). Incluso Portugal, cun PIB inferior ao español, rexistra un número superior de concursos, ao situarse ao redor do seis mil. 

Tal e como indicou Alfred Albiol, âisto trae causa de que na cultura empresarial, aínda se pensa nesta ferramenta como nun castigo, como un sinal de fracaso que o empresario se resiste a asumir, o que aboca a moitos negocios a acudir tarde a este mecanismo, cando a situación da compañía está moito máis deteriorada desde o punto de vista financeiroâ. 

Galicia, na sexta posición

Pola súa banda, Galicia âcon 189 concursos de empresas en 2018â ocupa a sexta posición de entre todas as comunidades autónomas en canto ao número de concursos de acredores tras Cataluña (970), Madrid (749), Comunidade Valenciana (590), Andalucía (400) e País Vasco (252) Na nosa comunidade autónoma produciuse unha diminución do 20% dos concursos de empresas (de 237 en 2017 a 189 en 2018), unha porcentaxe moi superior á media nacional cuxa diminución se situou no 3,1%.

Entre as conclusións e propostas de mellora que se poden extraer do Atlas Concursal, destacar que a empresa maioritaria en España no ámbito concursal segue sendo en 2018 a micropyme, que supoñen máis do 50% de total de concursos. O lexislador tería que ter en conta a particularidade de pemes e micropymes no ámbito concursal polo seu peso no noso tecido empresarial, de maneira que se contemplen mecanismos específicos que se axusten ás diferenzas entre autónomos, micropymes, pequenas, medianas e grandes empresas, tanto na trasposición da Directiva de Insolvencia como, no seu caso, nas próximas reformas que se acometan.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade