Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

IV Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia: Santiago de Compostela, 14 e 15 de novembro

Fonte: Consello Galego de Economistas

02/10/2019

Nova: IV Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia: Santiago de Compostela, 14 e 15 de novembro

Baixo a lema "Tecnoloxía e Talento", deuse deu a coñecer o programa provisional desta nova cita para os profesionais da auditoría e contabilidade en Galicia, que terá novamente a Santiago de Compostela como sede.  [Ver programa]

Como vén sendo habitual, realizarase un minucioso repaso de todas as novidades na normativa contable para 2020 (resolución sobre recoñecementos de ingresos, instrumentos financeiros, novo Plan Contable, etc.). Terán protagonismo tamén ao longo das Xornadas outros temas de rabiosa actualidade como o proceso de dixitalización e as solucións prácticas para a súa aplicación nas firmas de auditoría; outros traballos de auditoría (assurance, procedementos acordados, revisións limitadas) ou as operacións de reestruturación e Estado de Información non Financeira.

Estas xornadas, que contarán novamente coa concorrencia organizativa da Agrupación galega do Instituto de Censores Xurados de Contas de España e do Consello Galego de Economistas, preséntanse como unha excelente ocasión non só para obter unha visión panorámica do presente e futuro da auditoría, senón tamén para coñecer os problemas que afectan ao sector e a nova normativa á que os profesionais se terán que adaptar.

 

Sede: Auditorio Abanca. Rúa Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela

 

Descargar programa

 

Inscribrirse

Documentos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade