Fonte: Consello Galego de Economistas
13/07/2022
Xa se atopa aberta a inscrición para unha nova edición do Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal -a que fai a décimo sexta- que se celebrará, en formato mixto, online e presencial os días 27 e 28 de outubro.
Unha edición que ten lugar no novo escenario concursal imposto pola Directiva Europea 2019/1023, sobre marcos de reestruturación preventiva, prevé unha profunda reforma do Texto Refundido da Lei Concursal que expón novas oportunidades e enigmas para todos os operadores xurídicos e económicos.
Todos os segredos e claves que entraña este novo escenario e a interesante e pouco utilizada figura da administración xudicial, serán obxecto de análise, estudo e enriquecedor debate nunha nova edición do Encontro que congregará, novamente, aos máis destacados relatores e profesionais na materia do panorama nacional.
© 2019 Consello Galego de Economistas
Avda. do Burgo s/n (Campus Norte-Fac. Ciencias Económicas e Empresariais).
15782 Santiago de Compostela.
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154 325 | Fax: 981 154 323
Correo electrónico: consellogalego@economistas.org