Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Chega o II Encontro Internacional de Expertos Contables

Fonte: Consello Galego de Economistas

12/01/2022

Nova: Chega o II Encontro Internacional de Expertos Contables

Os próximos días 17 e 18 de febreiro, e organizado polo Consello Xeral de Economistas e o Consello Galego, coa coordinación da Cátedra de Publicacións Científico e/ou Técnicas-CGE, terá lugar esta nova cita de referencia para todos os profesionais da contabilidade.  

Baixo a lema “O camiño contable desde a información financeira á non financeira”, este II Encontro Internacional de expertos Contables, que se desenvolverá integramente en modalidade Online, reunirá a un nutrido grupo de expertos como relatores que abordarán seis áreas de debate temáticas como o rol do Experto Contable ante o futuro, o papel dos economistas contables e auditores nos Fondos Next Generation, a dixitalización da información empresarial ou as últimas novidades NIIF-PGC, entre outros.

Este evento pretende converterse nun foro de referencia para os 55.000 economistas e titulados mercantís colexiados nos distintos colexios de economistas e titulados mercantís a nivel nacional, así como aos docentes universitarios e aos alumnos que, entre as súas actividades profesionais e académicas, teñen un especial interese pola temática contable. Así mesmo, dado o ámbito internacional da materia, cuxa normalización vén marcada polo Internacional Accounting Standard Board (IASB) que establece as Normas Internacionais de Información Financeira asumidas polos estados membros da Unión Europea, estes encontros van dirixidos igualmente a profesionais, docentes e estudantes relacionados co ámbito contable a nivel internacional, especialmente, europeo. 

[Máis información]

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade