Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Chega o XV Encontro Concursal, esta vez en formato mixto

Fonte: Consello Galego de Economistas

27/07/2021

Nova: Chega o XV Encontro Concursal, esta vez en formato mixto

O Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal é un dos referentes en materia concursal a nivel nacional. Nesta décimo quinta edición, que se celebrará os días 28 e 29 de outubro en Santiago de Compostela, acompañarannos, como cada ano, expertos do ámbito xudicial, académico e profesional.

 
Baixo a lema “O concurso de acredores como antídoto para a recuperación económica”, falaremos fundamentalmente da utilidade do dereito concursal para a reactivación da economía das empresas e tamén das persoas, sen esquecernos de analizar como deveu este primeiro ano de aplicación do novo TRLC nin de avanzar as próximas reformas normativas.
 
Desde o Consello Galego de Economistas, despois de máis dun ano sen contacto persoal, quixemos apostar pola convocatoria presencial, pero facilitando tamén a opción de poder asistir online. Elixe a modalidade de inscrición e benefíciache de desconto  matriculándoche antes do 1 de outubro.

[Máis información]

[Programa]

[Inscrición]

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade