Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Celebración de XIV Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal

Fonte: Consello Galego de Economistas

05/10/2020

Nova: Celebración de XIV Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal

Preto de 200 expertos do ámbito concursal déronse cita os pasado días 1 e 2 de outubro para asistir vía online á décimo cuarta edición do Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, nunha edición que viu trasladada a súa tradicional sede Santiaguesa ao universo virtual a consecuencia precisamente da COVID. 

Organizado o Consello Galego de Economistas, e baixo o leitmotiv “Texto Refundido e outros grandes retos da Lei Concursal”, e cando se cumpre un mes exacto da entrada en vigor do Texto Refundido da Lei Concursal, promulgado polo RD lexislativo 1/2020, esta nova edición do Encontro centrouse particularmente en diseccionar esta nova normativa que deberá enfrontar un escenario dunha extraordinaria complexidade no medio da pandemia. 

Miguel A. Vázquez Taín, presidente do Consello, foi o encargado de conducir ao acto de apertura, no que tamén estiveron presentes Valentí Pich, presidente do Consello Xeral de Economistas, Alfred Albiol Paps, presidente do REFOR-CGE e Isaías González, codirector do Encontro. Taín mostrou o compromiso dos profesionais do ámbito forense coa sociedade “nuns momentos especialmente complicados”, ademais de asegurar que o obrigado formato online non minguará a calidade e o interese do que ano tras ano fai gala o Encontro. Pola súa banda, o presidente do Consello Xeral indicou nas súas palabras de benvida que existe a sensación de que a crise que vén é evidente, con cambios que a día de hoxe aínda non podemos albiscar, “e ante iso, como profesionais, correspóndenos estar preparados nunha tripla dirección: formación, ganas de traballar e predisposición para adaptarnos ao que veña”

Antes de dar paso á quenda de relatorios, que inaugurou o Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense, Juana Pulgar Ezquerra, todos os intervinientes fixeron votos porque a edición de 2021 poida ser celebrada presencialmente. 

Ademais dos acordos de refinanciamento, a cargo de Juana Pulgar, ao longo da xornada do xoves cobraron tamén protagonismo asuntos como o impacto laboral na venda de unidades produtivas, a nova configuración do Plan de Liquidación, a transposición da nova Directiva de Insolvencia ou as medidas para desjudicializar os xulgados. Todo iso desenvolvido por primeiros espadas do ámbito da xudicatura como Emilio Palomo Balda, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, Pablo Arraiza Jiménez, Maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia Nº 8 e Mercantil de León ou Roberto Neno Estébanez, Maxistrado do Xulgado Mercantil Nº 8 de Barcelona, entre outros. 

O Encontro continuou o venres analizando cuestións como o crédito público no Texto Refundido da Lei Concursal, a conclusión e rendición de contas ou as garantías reais e concurso, asuntos que serán diseccionados, entre outros, por expertos da talla da Avogada da Estado Concepción Ordiz Fortes, o Maxistrado da Sección 4ª da Audiencia Provincial da Coruña, Pablo González-Carreró Fojón, ou a Maxistrada do Xulgado Mercantil Nº 1 da Coruña, Nuria Fachal Noguer. 

Así mesmo, no marco do Encontro foi presentado o Atlas Concursal 2020, elaborado polo Rexistro de Economistas Forenses do Consello Xeral de Economistas. 

En definitiva, unha nova edición dun Encontro no cal os todos os profesionais do ámbito concursal mostraron a súa disposición para facer valer os seus coñecementos e o seu traballo, póndoos a disposición do conxunto da sociedade en aras a tratar de minorar os perniciosos efectos da crise á que nos abocou a pandemia.

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade