Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

XIV Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal: inscrición aberta

Fonte: Consello Galego de Economistas

03/08/2020

Nova: XIV Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal: inscrición aberta

Texto Refundido da Lei Concursal, promulgado polo RD lexislativo 1/2020 e con entrada en vigor o 1 de setembro deste ano, será o eixo vertebral do XIV Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, os próximos 1 e 2 de outubro.

Unha cita, se cabe, máis obrigada que nunca e adaptada ás circunstancias provocadas pola pandemia, que determinan o desenvolvemento íntegro desta edición na modalidade Online, en aras a salvagardar a saúde e seguridade de asistentes, relatoras e demais persoas implicadas na súa organización.

Unha situación que non suporá un menoscabo na calidade do Encontro: moi ao contrario, tanto o Programa deseñado como o cadro de persoal de relatores elixidos para desenvolvelo volven ser dun altísimo nivel, e garántese, ademais, que a interacción asistente-relator será idéntica á modalidade presencial, para o que se disporá dos medios técnicos adecuados para tal fin.

 

¡Esperámosvos!

[MÁIS INFORMACIÓN]

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade