Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Reapertura da sede colexial: luns, 8 de xuño

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

03/06/2020

Nova: Reapertura da sede colexial: luns, 8 de xuño

O vindeiro luns, 8 de xuño, reabrimos as dependencias da sede colexial no habitual horario de verán: de luns a venres, de 8 a 15 horas. 

En todo caso, e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, continuaremos dando preferencia á tramitación de todas as xestións a través da vía non presencial (correo electrónico e teléfono) tal e como levamos realizando durante as semanas de confinamento. 

Deste xeito, se se necesita xestionar algún tema de forma presencial, concertaráselle cita previa, a través do correo colegio@economistascoruna.org ou do teléfono (981 154325) para evitar, na medida do posible, coincidir na sede con outras persoas. 

Como normas básicas a observar para a presenza na sede colexial, deberase acudir con máscara e manter en todo momento a distancia de seguridade co persoal do Colexio. Así mesmo, poremos a disposición de quen acuda xel hidroalcohólico, máscaras e luvas.

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade