Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Estudantes de bacharelato debaterán de economía da man do Colexio

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

29/05/2019

Nova: Estudantes de bacharelato debaterán de economía da man do Colexio

O noso Colexio disponse a organizar a fase provincial do Primeiro Torneo Nacional de Debate Económico para estudantes de bacharelato, que a nivel nacional prepara o Consello Xeral de Economistas de España. 

Na tarde de onte e na sede do Colexio, foi presentada esta iniciativa por parte do profesor da Universidade de Valladolid, Augusto Cobos Pérez, membro do Comité Organizador do Torneo a nivel nacional, a quen acompañou o noso decano, Miguel A. Vázquez Taín. 

Segundo indicou Cobos, con esta actividade perséguese un triplo obxectivo: aproximar ao alumnado á realidade da nosa contorna económica e empresarial da súa contorna, favorecer a adquisición de habilidades tales como o traballo en equipo, a negociación, ou a oratoria, âe terceiro, pero non menos importante, concienciar aos cidadáns da importancia de adquirir un adecuado nivel de cultura financeira nas diferentes etapas da vida, en especial, no ámbito da educación non universitariaâ, sinalou. 

O Torneo está dirixido a alumnos de bacharelato, independentemente de que cursen ou non a materia de economía, âpois aínda que as preguntas dos debates teñen un matiz económico, contan todas elas cun forte compoñente social e están ao cabo da rúaâ, quixo matizar Eugenio Cobos. 

Este primeiro Torneo, que se desenvolverá no primeiro trimestre do próximo curso académico, consta de dúas fases: unha provincial, que terá lugar na segunda quincena do mes de outubro, na Coruña e Santiago, e unha fase final a nivel nacional, a celebrar no mes de novembro en Madrid, e onde competirán os equipos vencedores do vinte provincias participantes nas fases provinciais. 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade