Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Celebración da festividade de San Pablo 2019: xoves, 4 de xullo

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

03/06/2019

Nova: Celebración da festividade de San Pablo 2019: xoves, 4 de xullo

O próximo 4 de xullo conmemoraremos, un ano máis, a festividade do patrón da profesión dos economistas, San Pablo. A cita terá lugar de novo no Hotel Hesperia Finisterre da Coruña, e á mesma estades todos os colexiados invitados para participar nesta xornada festiva e de confraternización entre compañeiros. 

Trátase, como sabedes, dun acto xa institucionalizado no que cada ano aproveitamos para render homenaxe aos colexiados que ao longo do ano cumpren 25 de pertenza á nosa institución (ver captura debaixo) e tamén para facer entrega dos títulos do Master en Fiscalidade e Tributación que desde 2007 vén impartindo o Colexio, que nesta vez ocasión recibirán os alumnos da décimo primeira promoción. 

Realizaremos así mesmo, e do mesmo xeito que o pasado ano, un pequeno acto de benvida aos colexiados que se incorporaron ao Colexio desde a celebración de San Pablo 2018 e ata a data. 

Os actos comezarán ás 19:00 horas e á súa finalización servirase un cóctel a todos os presentes. 

 

¡Animámosvos a asistir! 

 

A TER EN CONTA:

- Data: xoves, 4 de xullo de 2019.
- Lugar e hora: Hotel Hesperia Finisterre (Paseo Parrote, 2-4, A Coruña) ás 19.00 horas.
- Orde do acto: 

18.45:    Recepción convidados.
19.00:    Benvida aos novos colexiados (entrega diploma colegiación).
                Entrega títulos XI Promoción Máster en Fiscalidade e Tributación.
               Homenaxe a colexiados que cumpren 25 anos de colegiación (entrega insignias e diplomas).
20.30:    Cóctel (amenizado polo grupo Versionettes).

 

Rógase confirmación de asistencia antes do 18 de xuño: 981154325- colegio@economistascoruna.org 

 

 

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade