Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Almorzos electorais: Beatriz Mato explicou o seu programa económico no Colexio

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

10/05/2019

Nova: Almorzos electorais: Beatriz Mato explicou o seu programa económico no Colexio

O primeiro dos candidatos á alcaldía da Coruña en acudir á invitación cursada polo Colexio para explicar a vertente económica do seu programa electoral de face ás eleccións municipais do próximo 26 de Maio foi Beatriz Mato, candidata do Partido Popular.   

A candidata do PP comezou cunha declaración de intencións: âA cidade estivo paralizada durante este catro anos en moitos ámbitos, tamén no económico. Non houbo un proxecto de cidade. ¿Por que sectores económicos está a apostarse?â.

Centrou a primeira parte da súa intervención en analizar âa situación da que partimosâ para  a continuación debullar as súas propostas. En relación ao momento de partido, sinalou que A Coruña é a cidade de Galicia onde menos baixou o paro desde as municipais de 2015 (7,5 puntos en Galicia e só 5,2 na cidade), o que achaca tanto aos investimentos deixados de executar (â170 millóns de euros, que se poden traducir en 10.000 empregosâ) como ao esborralle dos ingresos en licenzas de obras, á nula política de emprego executada polo goberno local, âasí como á parálise xeneralizada e o abandono do comercio local e os mercados, pois estes últimos teñen orzados 11,2 millóns de euros para reformas sen tocarâ.

En canto a propostas concretas na índole económica, fixo un repaso polas principais que porá en marcha de ser elixida a cadeira de brazos   de María Pita. Por citar as principais:

- Facer da Coruña unha cidade libre de taxas para o emprendimiento, cunha bonificación de ata o 100% no inicio da actividade empresarial no período impositivo inmediatamente anterior.

- Incentivos para o autónomo e o emprendedor: subvencións a fondo perdido para proxectos de autoemprego para parados e autónomos durante o primeiro ano de actividade.

- Incentivos para a mellora da competitividade e apoio ao desenvolvemento socioeconómico de autónomos e empresas que ocupen a menos a 50 persoas, e á consolidación daqueles que o fagan a menos de 10.

- Beneficios fiscais para a implantación de empresas na cidade durante o primeiros catro anos de actividade.

- Creación dun Parque da innovación tecnolóxica que integre a distintos sectores da economía TIC e a Universidade, coa idea de incubar proxectos e acelerar iniciativas empresariais innovadoras.

- Creación dunha Concellaría do Mar e impulso aos estudos para a creación dunha zona franca na contorna do Porto Exterior.

 

âA nosa idea de cidade e o meu compromiso é executar todas estas medidas co obxectivo de lograr, tamén no económico, unha Coruña imparableâ, finalizou Beatriz Mato, que agradeceu ao decano do Colexio a invitación.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade