Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

01

02

03

04

05

06

07

08_173x116

09

10

11

12

13

14

15

16

17

O Consello entrega o Premio Economía ao Centro de Vigo de PSA Peugeot Citröen

Fonte: Consello Galego de Economistas

28/01/2019

Nova: O Consello entrega o Premio Economía ao Centro de Vigo de PSA Peugeot Citröen

"Existen innumerables atributos que converten ao Centro de Vigo do Grupo PSA en merecedor deste galardón, pero, por encima das grandes cifras, dos datos incuestionables, como a súa achega ao PIB de Galicia ou a xeración de miles de postos de traballo de forma directa e indirecta, gustaríame destacar un valor intangible que é case tan transcendente: o seu carácter dinamizador na implantación da cultura emprendedora que hoxe hai na cidade e a súa contorna". O presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel A. Vázquez Taín, resaltou o pasado venres en Vigo, durante a entrega do galardón, algunhas das cualidades que fixeron ao centro de produción da multinacional francesa merecedor do primeiro Premio Economía.

O acto estivo presidido pola presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o presidente do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España, Valentín Pich Rosell; e o propio Vázquez Taín. O director do Centro de Vigo do Grupo PSA Peugeot Citroën, Ignacio Bo,foi o encargado de recoller o premio do organismo que aúna aos economistas galegos.

"Este recoñecemento -explicou Vázquez Taín- é tamén un recoñecemento aos miles de galegos que de forma directa, co seu traballo, dedicación e esforzo, xa dentro da empresa como na industria auxiliar, conseguiron que este centro de produción sexa un exemplo a seguir". Pola súa banda, Ignacio Bo incidiu na constante procura da excelencia que guía a todos os traballadores que o conforman: "Entendo que a importancia da nosa actividade, e a súa repercusión económica e social sobre a contorna, ofrecen razóns obxectivas para que a nosa fábrica sexa merecedora deste recoñecemento; pero máis aínda o considero atribuíble ao firme compromiso coa excelencia e coa sustentabilidade que mantemos todas e cada unha das persoas que conformamos este centro de produción".

"O noso Centro é a cabeza tractora dun sector que emprega en Galicia de forma directa a 21.000 persoas. A todas elas, máis aló do que representa nosa propia empresa, fago extensivo este recoñecemento. E tamén ás administracións públicas, aos diferentes organismos e institucións cos que interactuamos, aos centros de coñecemento e a todas as entidades de diferente natureza coas que traballamos, configurando un ecosistema de colaboración efectiva, para reforzar de forma constante nosa eficiencia", engadiu.

Neste sentido, o presidente do Consello Galego de Economistas recalcou o ofrecemento do organismo que dirixe, "póndoo a disposición dos distintos actores sociais para a análise de escenarios económicos e a proposta de solucións que sirvan para consolidar o desenvolvemento de Galicia". "Preocupámonos polos intereses dos nosos asociados, pero tamén temos a vocación de contribuír de forma efectiva co crecemento da nosa sociedade", concluíu.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade