Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Convocatoria de eleccións para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

02/01/2019

Nova: Convocatoria de eleccións para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno

Con arranxo ao establecido na Orde de 9 de maio de 2017, pola que se aproban os Estatutos do Colexio de Economistas da Coruña, a Xunta de Goberno deste Colexio, na súa reunión do pasado 28 de decembro de 2018, acordou convocar eleccións, a celebrar o día 5 de febreiro de 2019, para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno, de acordo cos seguintes puntos.

Os cargos a cubrir son Decano-Presidente, Vicedecano-Vicepresidente, Secretario Xeral, Tesoureiro e dez vocais.

Todos os colexiados, que á data desta  convocatoria de eleccións, estean incorporados ao Colexio poderán exercer o dereito de sufraxio. Os colexiados que soliciten a baixa ou se atopen incursos nun procedemento de baixa posterior á data de convocatoria non poderán exercer o dereito de sufraxio.

Os prazos a ter en conta son os seguintes:


· Exposición censo electoral: na Secretaría do Colexio (C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña) e na web colexial www.economistascoruna.org desde o 2 de xaneiro de 2019.

· Constitución da Xunta Electoral: 4 de xaneiro de 2019.

· Reclamacións ao censo electoral: ata o 7 de xaneiro de 2019 (inclusive).

· Resolución de reclamacións: ata o 10 de xaneiro de 2019 (inclusive).

· Presentación de candidaturas: na sede o Colexio ata o 16 de xaneiro de 2019 (inclusive).

· Proclamación de candidaturas: 17 de xaneiro de 2019. En caso de existir unha soa candidatura será proclamada electa sen necesidade de celebrar votación.

· Votación: 5 de febreiro de 2019.

· Lugar: sede do Colexio de Economistas (C/ Cabaleiros, 29-1º - A Coruña), en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.


[Acceso ao Censo electoral de colexiados]

[Acceso á convocatoria]

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade