Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Campaña da recollida de alimentos

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

28/11/2018

Nova: Campaña da recollida de alimentos

Un ano máis, da man do Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña, pomos en marcha esta iniciativa solidaria para que os colexiados que así o desexedes acheguedes o voso granito de area.

Esta Campaña está destínase a colectivos en risco de exclusión social da nosa cidade: grupos familiares con nenos e/ou anciáns ao seu cargo, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, persoas incapacitadas para o traballo ou incursas en toxicomanía ou SIDA, menores en situación de desamparo, mulleres maltratadas, minorías étnicas, inmigrantes, etc.

Desde o propio Banco de Alimentos indícannos que os alimentos que adoitan ter máis demanda son: aceite, leite, café, cacao, conservas de peixe, conservas vexetais, feixóns, lentellas, garavanzos, azucre, salsa de tomate e leite de continuación de neno.

Desde este momento e ao longo de todo o mes de decembro podedes pasar pola sede do Colexio na Coruña para realizar as vosas achegas.

¡MOITAS GRAZAS!

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade